Soiuz TM-5 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 7 de xuño de 1988 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz TM-5, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Anatoli Soloviev, Viktor Savinikh e Aleksandr Panaiotov Aleksandrov (o primeiro cosmonauta búlgaro) a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación.
A tripulación da Soiuz TM-5 regresou a terra na Soiuz TM-4 o 17 de xuño de 1988 ás 10:13 GMT, aterrando a uns 202 km ao sueste de Dzhezkazgan (Kazakhstán), deixando a súa nave como substituto máis novo. A propia Soiuz TM-5 regresou o 7 de setembro de 1988, con outra tripulación a bordo.
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TM Estación espacial Mir Soiuz TM-4 Soiuz TM-6
Notas
Categoría:Programa Soiuz