miniatura|Falante de bislama, gravada en Vanuatu. O bislama é unha lingua crioula melanesia falada principalmente en Vanuatu. Ademais é unha das linguas oficiais xunto co inglés e o francés. É a lingua principal de moitos dos ni-Vanuatu Urbanos (os que viven en Port Vila e Luganville), e a segunda lingua para o resto dos habitantes do país.
O bislama é unha mestura de palabras do inglés, francés e as linguas aborixes das familias do norte, centro e sur do arquipélago, cunha sintaxe máis parecida a unha lingua de Vanuatu.
Está moi relacionado co tok pisin de Papúa-Nova Guinea, o Pijin das illas Salomón e o broken do Estreito de Torres en Australia.
O himno nacional, Yumi, Yumi, Yumi, está escrito en bislama.
Historia Milleiros de ni-Vanuatu foron recrutados para traballar en Queensland, Australia, así como nas plantacións de Fiji entre 1870 e 1880. Coas linguaxes que se falaban nestas plantacións creouse un pidgin.
A orixe do nome A orixe do Bislama, antes chamado Bichelama, provén do século XIX coa palabra "Beach-la-mar" do francés "bêche de mer", cogombro de mar. A mediados dese século, os cogombros de mar foron colleitados e secados, ó mesmo tempo que os sándalos foron colleitados. O nome vén asociado coa clase de pigdin que usaron os traballadores, tanto por eles mesmos como polos habitantes británicos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en bislama Bibliografía
Camden, William. 1979. Parallels in structure and lexicon and syntax between New Hebrides Bislama and the South Santo language spoken at Tangoa. In Papers in Pidgin and Creole Linguistics, No.2. Pacific Linguistics, A-57. Canberra: Australian National University. pp. 51–117. Charpentier, Jean-Michel. 1979. Le pidgin bislama(n) et le multilinguisme aux Nouvelles-Hébrides. Langues et Civilisations à Tradition Orale 35. París: SELAF. .
Categoría:Linguas crioulas e pidgins de base inglesa Categoría:Linguas de Nova Caledonia Categoría:Linguas de Vanuatu