A lingua munsee (tamén coñecido como munsee delaware, delaware, ontario delaware) é unha lingua algonquina falada polo pobo lenape. O munsee é unha das dúas linguas delaware. Está estreitamente relacionada coa extinta lingua unami, pero diferentes abondo como para consideralas linguas diferentes. O munsee era falada no pasado na área da moderna cidade de Nova York, incluíndo o oeste de Long Island, Manhattan e Staten Island, así como as áreas adxacentes do continente: o sueste do estado de Nova York, o terzo norte de Nova Jersey e o nordeste de Pensilvania.Goddard, Ives, 1978a, p. 213Goddard, Ives, 1996, p. 5

No ano 2009, o munsee só era falada na reserva de Moraviantown, en Ontario, Canadá, por sete ou oito individuos de avanzada idade, tendo o máis novo deles 68.Gordon, Raymond, 2005Adam McDowell, "More than words: Can Canada's dying languages be saved?", National Post, 22 Jan 2009. Consultado o 29 de maio de 2009 A fala de cada individuo é diferente da dos outros, tendo cada un o seu propio dialecto persoal. Existe un interese crecente entre a mocidade de aprender a lingua.Yoh Lunaapeewak! O munsee está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Blalock, Lucy, Bruce Pearson e James Rementer. 1994. The Delaware Language. Bartlesville, OK: Delaware Tribe of Indians. Brinton, Daniel G. e Albert Seqaqkind Anthony. 1888. A Lenâpé-English dictionary. From an anonymous manuscript in the archives of the Moravian Church at Bethlehem Philadelphia: The Historical Society of Pennsylvania. Delaware Nation Council. 1992. Lunaapeew Dictionary. Basic Words. Part One. Moraviantown: Delaware Nation Council. Goddard, Ives. 1974a. "Dutch Loanwords in Delaware." Herbert C. Kraft, ed. A Delaware Indian Symposium, pp. 153–160. Anthropological Series No. 4. Harrisburg: Pennsylvania Historical and Museum Commission. Goddard, Ives. 1977. "Some early examples of American Indian Pidgin English from New England." International Journal of American Linguistics 43: 37-41. Goddard, Ives. 1979a. "Comparative Algonquian." Lyle Campbell and Marianne Mithun, eds, The languages of Native America, pp. 70–132. Austin: University of Texas Press.

Categoría:Linguas algonquinas Categoría:Linguas amerindias do Canadá Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América