A xungla do asfalto (en inglés The Asphalt Jungle) é un filme estadounidense de 1950 dirixido por John Huston e protagonizado por Sterling Hayden e Jean Hagen. Está considerado un clásico do cinema negro.
Foi emitido na TVG o 10 de abril de 1991.Programación
Argumento Un ladrón de fama lendaria como planificador, Erwin "Doc" Riedenschneider (Sam Jaffe), deixa a prisión baixo liberdade condicional. Para o seu próximo roubo busca a complicidade nun avogado corrupto, Alonzo Emmerich (Louis Calhern), quen comprará en efectivo o total do roubo. O botín pode chegar ao millón de dólares. Doc reúne un grupo de criminais experimentados composto por un corretor de apostas, Cobby (Marc Lawrence) que fará de coordinador; Louis Ciavelli (Anthony Caruso), dinamiteiro de caixas fortes; Gus Minissi (James Whitmore), dono dun pequeno bar que fará de condutor; e Dix Handley (Sterling Hayden), granxeiro arruinado pola Gran Depresión, que actuará de escolta.
O plan consiste en roubar pola noite unha xoiaría. O grupo de delicuentes comeza o roubo planeado meticulosamente, mais finalmente a explosión provoca que varias alarmas de negocios próximos comecen a funcionar, atraendo a presenza da policía antes do esperado. Un garde de seguridade decide revisar todos os locais, e cando entra na xoiaría é golpeado por Dix. O garda, esvaecido, deixa caer a súa arma, que se dispara ferindo a Ciavelli. Os bandidos foxen levando con eles o botín e a Ciavelli.
Doc e Dix chegan co botín onde Emmerich, mais néganse a entregarllo porque xa sospeitaban que o avogado pensaba traizoalos, quedando con todo e fuxindo coa súa amante Angela Phinlay (Marilyn Monroe) a Europa.
Elenco
Sterling Hayden como Dix Handley Louis Calhern como Alonzo D. Emmerich Jean Hagen como Doll Conovan James Whitmore como Gus Minissi Sam Jaffe como "Doc" Erwin Riedenschneider John McIntire como comisario de policía Hardy Marc Lawrence como Cobby Barry Kelley como Tenente Ditrich Anthony Caruso como Louis Ciavelli
Teresa Celli como Maria Ciavelli, esposa de Louis Marilyn Monroe como Angela Phinlay William "Wee Willie" Davis como Timmons Dorothy Tree como May Emmerich, doente esposa de Alonzo Emmerich Brad Dexter como Bob Brannom John Maxwell como Dr. Swanson Frank Cady como dependente nocturno
Principais premios e candidaturas Ano Premio Categoría Candidato(s) Resultado 1950 Festival de Venecia Copa Volpi ao mellor actor Sam Jaffe Gañador León de Ouro A xungla do asfalto CandidatoNational Board of Review Mellor director John Huston GañadorDirectors Guild of America Award Dirección destacada en cinema John Huston Candidato 1951 Edgar Allan Poe Awards Mellor guión cinematográfico Ben Maddow e John Huston GañadorÓscar Mellor actor secundario Sam Jaffe Candidato Mellor fotografía (branco e negro) Harold Rosson Candidato Mellor director John Huston Candidato Mellor guión adaptado Ben Maddow e John Huston CandidatoBritish Academy of Film and Television Arts Mellor filme A xungla do asfalto CandidatoGlobo de Ouro Mellor fotografía Harold Rosson Candidato Mellor director John Huston Candidato Mellor guión Ben Maddow e John Huston Candidato Writers Guild of America Award Mellor guión de drama Ben Maddow e John Huston Candidato Premio Robert Meltzer Ben Maddow e John Huston Candidato
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Crítica
Categoría:Filmes de 1950 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por John Huston Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1950 con versión en galego