Un político ou unha política, é unha persoa activa na política de partidos, ou unha persoa que ostenta ou busca un cargo nun goberno. Os políticos propoñen, apoian e crean leis ou políticas que rexen un territorio e, por extensión, o seu pobo. En termos xerais, un "político" pode ser calquera que busque o poder político en calquera institución burocrática.
Identidade miniatura|300px| Pintura do século XIX de Philipp Foltz que representa ao político ateniense Pericles entregando a súa famosa oración funeraria diante da Asemblea. Os políticos son persoas politicamente activas, especialmente na política de partidos ou que se interesa nos asuntos de goberno. Os cargos van desde cargos locais ata os cargos executivos, lexislativos e xudiciais dos gobernos rexionais e nacionais. Algúns policías elixidos, como os shériffs, son considerados políticos.
Medios de comunicación e retórica Os políticos son coñecidos pola súa retórica, como nos discursos ou anuncios de campaña. Son especialmente coñecidos por usar temas comúns que lles permiten desenvolver as súas posicións políticas en termos familiares para os electores.Jonathan Charteris-Black, Politicians and rhetoric: The persuasive power of metaphor (Palgrave-MacMillan, 2005) Os políticos habitualmente necesitan converterse en usuarios expertos dos medios de comunicación.Ofer Feldman, Beyond public speech and symbols: Explorations in the rhetoric of politicians and the media (2000). Os políticos do século XIX fixeron uso intensivo de xornais, revistas e panfletos, así como carteis.Robert J. Dinkin, Campaigning in America: A History of Election Practices (1989) online No século XX, sumáronse a radio e televisión, facendo que os anuncios de televisión foran a parte máis cara dunha campaña electoral.Kathleen Hall Jamieson and Keith Spillette, The Press Effect: Politicians, Journalists, and the Stories that Shape the Political World (2014) No século XXI, fóronse implicando cada vez máis nas redes sociais de Internet e os teléfonos intelixentes.Nathaniel G. Pearlman, Margin of Victory: How Technologists Help Politicians Win Elections (2012) online
Críticas Moitos críticos atacan aos políticos por estar fóra de contacto co público. As críticas inclúen a forma na que falan os políticos, que se describiu como excesivamente formal e chea de moitas expresións eufemísticas e metafóricas e comunmente percibidas como un intento de "escurecer, enganar e confundir".Invitation to Critical Thinking - Page 319, Vincent E. Barry - 2007
Na imaxe popular, os políticos son a miúdo percibidos como descoñecidos, egoístas, incompetentes e corruptos, recibindo diñeiro a cambio de bens ou servizos, en vez de traballar para o ben público en xeral.Arnold J. Heidenheimer and Michael Johnston, eds. Political corruption: Concepts and contexts (2011). Os políticos de moitos países son considerados os "profesionais máis odiados".
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Política Partido político Xefes de Estado e Goberno actuais
Categoría:Políticos