Renée Pilar Estevez, nada o 2 de abril de 1967, é unha actriz e escritora estadounidense de ascendencia galega.

Traxectoria Estevez naceu na cidade de Nova York, sendo a cuarta de catro irmáns e a única filla de Janet (nada como Templeton) e do actor Martin Sheen (nado Ramón Estevez). O seu pai é de orixe irlandesa e galega. Os seus tres irmáns son os actores Emilio Estevez, Ramon Estevez e Charlie Sheen (nado como Carlos Estevez). O seu home, Jason Thomas Federico, foi golfista profesional e é un chef de Nova York. Coñecéronse na California Culinary Academy, e casaron o 11 de outubro de 1997.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Estadounidenses de orixe galega

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1967 Categoría:Estadounidenses de ascendencia galega Categoría:Estadounidenses de ascendencia irlandesa Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en Nova York