Kevin Bua Roman, nado o 11 de agosto de 1993 en Xenebra, é un futbolista profesional suízo de ascendencia galega que xoga como centrocampista para o CD Leganés da Liga SmartBank.

Traxectoria É fillo dun galego e unha zamorana. Seu pai, Ángel Búa, xogara no filial do Celta de Vigo ata que xunto con seus pais colleu o camiño da emigración cara a Suíza. Alí traballou como condutor de autobuses en Xenebra, onde naceu Kevin.

Comezou a formarse como futbolista dende os 14 anos co Servette FC, Étoile Carouge FC, FC Plan-les-Ouates (onde o adestrador era seu pai), FC Lancy-Sports e co FC Vernier, até que finalmente en 2013 debutou como futbolista profesional co Servette FC na Challenge League, xogando 51 partidos de liga e 4 de copa, cun total de seis goles. Logo de dúas tempadas fichou polo FC Zürich, para xogar na Super Liga suíza, disputando un total de 30 partidos de liga na súa primeira tempada no club. Co descenso do Zürich a final de tempada, o FC Basilea aproveitou a oportunidade de fichar a Kevin Bua. En xaneiro de 2017 anotou o seu primeiro gol co club.

Notas

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Futbolistas de Suíza Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Basel Categoría:Xogadores do FC Zürich Categoría:Xogadores do Servette FC Categoría:Xogadores do CD Leganés Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Suízos de ascendencia galega Categoría:Personalidades sen imaxes