Acontecementos
Europa
Lorena convértese en ducado pola Casa dos condes de Metz (até 1737). 17 de xullo - 9 de agosto - Pontificado de Dámaso II. Poppon, bispo de Brixen, designado como papa polo emperador Henrique III, debe expulsar a Bieito IX pola forza. Morre pouco despois en Palestrina. Henrique I de Francia envía unha embaixada a Kíiv para solicitar a man de Ana, filla de Iaroslav o Sabio. Os pechenegos pasan en masa o río Danubio. Incapaz de eliminalos, o Imperio Bizantino debe practicar a súa política tradicional de instalación.
Oriente Próximo O selxúcida Ibrahim ibn Inal parte ao asalto de Asia Menor (tomando Erzurum, en Armenia).
Äfrica O marabut Abdallah Ibn Yasin, chamado polo xefe dos djoddala, crea un mosteiro (ribat) nunha illa do Senegal e promove un islam estrito, no que se formarán os almorábides (de Al Morabethin, "os do ribat"). En pouco tempo únenselles moitos bérberes. Cando Abdallah Ibn Yasin se sente poderoso dabondo, proclama a guerra santa e atrae á súa causa a todos os sanhadja. O poder dos almorábides convértese rapidamente nunha ameaza tanto para o reino de Ghana, cuxa ruta comercial cara ao norte resulta cortada, como para o Magreb, devastado e debilitado pola invasión hilaliana polo leste, as querelas relixiosas e as guerras de sucesión no centro e no oeste. Os ziridas de Ifriqiya, baixo a influencia dos doutores maliquitas de Kairouan, rexeitan o xiísmo e restablecen o sunnismo. Rachan definitivamente cos fatimidas en 1051.
Nacementos 18 de xullo - Omar Khayyam, filósofo, matemático e astrónomo persa, en Nichapur (m. 1131). Aleixo I Comneno, emperador bizantino.
Mortes 1 de xullo - Humberto I de Savoia, primeiro conde de Savoia (n. c. 980). 13 de decembro - Al Biruni, sabio enciclopédico persa (n. 973). Pi Cheng, inventor chinés dos tipos móbeis de imprenta. Dámaso II, papa.
Historia ano a ano
Categoría:1048