STS-106 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 8 de setembro de 2000 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-106, con sete astronautas a bordo, foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. A tripulación constaba de Terrence W. Wilcutt (comandante), Scott D. Altman (piloto) e os especialistas de misión Daniel C. Burbank, Edward T. Lu, Richard A. Mastracchio, Iuri Malenchenko e Boris Morukov. O Atlantis acoplouse ao porto PMA-2 da estación o 10 de setembro ás 5:51 GMT e durante a misión usou os seus propulsores para elevar a órbita do complexo varias veces. A súa misión principal foi preparar o módulo Zvezda para recibir a primeira tripulación permanente da estación, a Expedición 1, e descargar subministracións do transbordador á estación. Tamén instalaron tres baterías no módulo Zvezda. Durante a única actividade extravehicular, Lu e Malenchenko conectaron nove cables de enerxía e datos entre os módulos Zvezda e Zarya e instalaron un magnetómetro de dous metros de longo. O transbordador desacoplouse da estación ás 3:44 GMT do 18 de setembro, volvendo a terra no Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, Florida, o 20 de setembro de 2000.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Atlantis

Categoría:Programa STS