A Caniza é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca da Paradanta. Segundo o IGE no 2020 tiña 5122 habitantes (6719 en 2003). O xentilicio é (véxase no Galizionario) ou .

Toponimia A Cañiza foi ata o ano 2026 un dos poucos topónimos castelanizados de Galicia aínda vixente. Desta forma deriva o xentilicio (véxase no Galizionario) . O Consello da Xunta estableceu como oficial o topónimo "A Caniza" no Nomenclátor de Galicia, aprobado polo Decreto 27/2026, do 30 de marzo.

O topónimo orixinal fai referencia ás primeiras construcións na zona: casetas ou canastros feitas de canas entrelazadas e colmados (coñecidos na zona coma canizos ou canizas) e ergueitas polos veciños de Valeixe.

Poboación

Censo total (habitantes) 5342 (2014) Menores de 15 anos 632 (11,83 %) Entre 15 e 64 anos 3159 (59,13 %) Maiores de 65 anos 1551 (29,03 %)

Xeografía Limita ao norte cos concellos de Covelo e Melón (leste da provincia de Ourense), ao sur con Crecente, Arbo e As Neves, e ao oeste con Salvaterra de Miño, Mondariz e Covelo.

O seu relevo é accidentado, pois está situado entre unha zona de monte baixo da serra do Faro de Avión (situada ao nordeste) e o val do río Deva (ao sur). A maior altitude acádase no Alto da Cruz (1095 m).

A súa rede hidrográfica está formada polos ríos Uma (afluente do Tea), Ribadil e Deva (afluentes do Miño).

Climatoloxicamente está situada en transición entre o clima oceánico e o mediterráneo, segundo a zona.

Historia Na zona habitou a tribo dos oestrimnios, que foron expulsados polos celtas. Da cultura megalítica quedan diversos restos, como os complexos rupestres de Laxiña das Cruces, Coto da Regueira do Valiño e Casiñas dos Mouros, os complexos megalíticos con gravados de Tomada de Estremadoiro e Coto da Vella, e os complexos megalíticos de Guntín, Aráns, Casiñas dos Mouros e A Caniza.

Durante a Idade de Ferro o lugar estivo posiblemente habitado polos grovios. Daquela época quedan o castro de Grades, o castro de Monte Coto do Castro, o castro de Coto das Cavadas e o castro de Barreiros.

Logo da romanización as terras do concello foron enmarcadas no conventus Bracarensis. Na Idade Antiga, tralo I Concilio de Braga, as terras quedaron adscritas á diocese de Tui. O mosteiro da Franqueira posiblemente teña a súa orixe nunha ermida do século VI, da época de Martiño de Dumio.

No século IX, durante o reinado de Afonso II de Asturias, as terras do castelo de Sobroso, ao que pertencía o val de Achas, foron incluídas no reino de Galicia.

En 1056 Fernando I dá un privilexio do mosteiro da Franqueira, as súas terras e moradores ao abade Alvito e os monxes beneditinos. En 1147 Afonso VII outorga ao abade Odoario e aos monxes o dereito de coto. En 1293 a orde do Císter constrúe a igrexa de Santa María. Paio de Soutomaior, señor de Salvaterra, doou as terras dos cotos da Franqueira, O Cebreiro, Uma, Sendín e Pintelos, doazón que confirmaron Xoán I e Henrique III. O mosteiro desapareceu como tal en 1835, trala desamortización de Mendizábal.

A vila da Caniza aparece documentada por primeira vez en 1583. As primeiras edificacións foron canastros (que nesta zona reciben o nome de canizos) feitas polos veciños de Valeixe para atender os cultivos da zona. Logo de construírse a capela do Doce Nome de Xesús, en 1790 o bispo de Tui, Domingo Fernández Angulo, erixiu A Caniza como parroquia adxunta á de Valeixe, separándose definitivamente en 1815. miniatura|Bosquexo da Vila de Santa Teresa da Caniza 1838 No ministerio de Defensa consérvase un bosquexo da vila en 1838 por Fernando de Castro

Na Caniza editáronse os periódicos Nueva Cañiza (1927-1933) e La Cañiza (1932-1934).

Símbolos O escudo heráldico oficial do concello da Caniza foi aprobado mediante decreto en 2007, e ten o seguinte brasonamento:

Ademais, na mesma data aprobouse tamén a bandeira do concello, pano de verde cunha franxa vertical de branco no terzo do centro e, nesta, un carballo de verde follado e froitado de nove landras de vermello.

A Caniza na literatura popular Batalláns xa chega / coa súa santiña, / e cara a Franqueira / connosco camiña.Santa Eulalia de Batalláns é parroquia das Neves lindeira coa da Franqueira, na Caniza. Vicente Risco: "Cultura espritual", en Historia de Galiza I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777, px. 393. Vinme triste en Ponteareas, / e da Cañiza a Melón, / mais cheguei a Ribadavia / e ensanchouse o corazón.

Galería de imaxes

Parroquias

Lugares da Caniza Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Caniza vexa: Lugares da Caniza.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Rodríguez Gómez, G. (coord.) (2002). A Cañiza. Pontevedra: Deputación de Pontevedra. ISBN 84-8457-123-8.

Outros artigos

Eleccións municipais na Caniza

Caniza