Gumersindo Liñares Iglesias, finado en Ordes o 24 de agosto de 1929La Voz de Galicia, 25-8-1929, p. 3., foi un político galego.
Traxectoria Fillo de Juan Liñares Carmuega e Carmen Iglesias Rodríguez. Apoiou a Antonio del Río, pero cando caeu pasou ao bando de Saturnino Aller Rodríguez. Foi nomeado xuíz municipal de Trazo en 1889La Voz de Galicia, 14-7-1889, p. 2.. Foi alcalde de Trazo de 1905 até a ditadura de Primo de Rivera. En 1923 negouse a entregar o bastón de mando á autoridade militar, polo que foi detido e levado á Coruña.
Vida persoal Casou con Pilar Iglesias Rapela, irmá da muller de Antonio Concheiro Rodríguez, e foi pai de Juan Liñares Iglesias.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas A familia Liñares
Categoría:Alcaldes de Trazo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Finados en 1929 Categoría:Nados no século XIX