José Varela Bouza, coñecido como Pepe o Lobo, nado en Bañobre (Miño) en 1910 e finado en Perbes o 29 de marzo de 1938, foi un político galego.

Traxectoria Militante da CNT e do PCE de Miño. Foi acusado de executar o incendio da igrexa de Santa María de Castro o 10 de abril de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Abriron varias causas contra el. Xulgado na Coruña o 13 de novembro de 1937 acusado de rebelión militar na causa 921/37,La Voz de Galicia, 14-11-1937, p. 4. foi condenado a pena de morte o 18 de novembro. Preso no castelo de Santo Antón agardando o cumprimento da condena, fuxiu da cadea o 28 de xaneiro de 1938 logrando chegar a nado á praia do Naval. Agochouse preto da súa casa de Bañobre, pero foi descuberto polos falanxistas e a Garda Civil que o mataron en Perbes o 29 de marzo de 1938 xunto con José María Blanco Barros.El Compostelano , 2-4-1938, p. 2.

A súa muller Manuela López Cabana foi detida e procesada por auxilio á rebelión.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Miño Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1938