miniatura|Follas novas. "Negra sombra" é un dos poemas máis coñecidos de Rosalía de Castro publicado no seu libro Follas novas de 1880.

Historia Foi publicado cinco anos antes da morte de Rosalía. Aparecía incluído na segunda sección do libro, "¡Do íntimo!". A peza foi musicada por primeira vez por Xoán Montes e presentado no Gran Teatro da Habana en 1892. Axiña acadou sona e pasou a ser unha das cancións máis coñecidas de Galicia.Miguel Díez R. "La negra sombra de Rosalía" Letralia Año XV • Nº 245. 24/1/2011. Cagua, Venezuela .

O poema de Rosalía tería precedentes nos poemas de Nicomedes Pastor Díaz, La mariposa negra e Una voz. Segundo Ricardo Carballo Calero o poema de Rosalía provén dun fragmento de El murmullo de las olas de Aurelio Aguirre (1833-1858), coñecido persoal da escritora.Marina Mayoral (1974) "La negra sombra y la sombra tristísima" La poesía de Rosalía de Castro. Gredos.

Poema page=82|miniatura|Páxina 52.

Cando penso que te fuches, Negra sombra que m'asombras, Ô pe d'os meus cabezales Tornas facéndome mofa. Cando maxino qu'es ida N'o mesmo sol te m'amostras, Y eres a estrela que brila, Y eres o vento que zóa. Si cantan, ês tí que cantas, Si choran, ês tí que choras, Y-ês o marmurio d'o río Y-ês a noite y ês a aurora. En todo estás e ti ês todo, Pra min y en min mesma moras, Nin m'abandonarás nunca, Sombra que sempre m'asombras. Análise do texto O poema consta de 16 versos octosílabos, agrupados en catro estrofas de catro versos cada unha. Ten rima asonante nos versos pares, é dicir, a estrofa tradicional do romance. O título O poema non ten título no libro Follas Novas, simplemente vai incluído no apartado Do íntimo.

Poren, na partitura do mestre Montes xa aparece co título Negra sombra. Polo que se podería concluír que foi a composición musical a que lle deu nome ao poema.

Antecedentes e inspiración

Este poema ten unha semellanza case perfecta co poema El Murmullo de las Olas escrito en 1857 por Aurelio Aguirre en Vigo. Vexamos o poemaAurelio Aguirre en Álbum de Galicia. Consello da Cultura Galega:

Díme tú, ser misterioso, que en mi ser oculto moras, sin que adivinar consiga. si eres realidad o sombra, Angel, mujer o delirio, que bajo distintas formas A mis ojos apareces Con la noche y con la aurora Y a todas partes me sigues, Solícita y cariñosa… Y en todas partes me buscas, Y en todas partes me nombras, Y estás conmigo, si velo Y si duermo, en mí reposas, Y si suspiro, suspiras, Y si triste lloro, lloras.Texto tal como o recolle Xavier Costa Clavell no artigo Posible significado existencial e metafísico da “negra sombra” Mesmas catro estrofas de versos octosílabos, mesma rima asonante nos versos pares, mesmo ritmo do poema e, por suposto, mesmo tema.

Aurelio Aguirre era uns anos máis vello que Rosalía, ambos eran amigos e se movían nos mesmos círculos culturais de Santiago. Morreu aos 25 anos, afogado nunha praia na Coruña, Rosalía tiña por ese entón 21 anos.

Paralelismos con outras obra da autora Por exemplo, este poema tamén de Follas Novas: VI ¿Qué pasa ó redor de min? ¿Qué me pasa que eu non sei? Teño medo dunha cousa que vive e que non se ve. Teño medo á desgracia traidora que ven, e que nunca se sabe ónde ven.

Significado da Negra Sombra Sobre o significado do poema só hai consenso nos alicerces do mesmo. O poema é fondamente autobiográfico, Rosalía o sitúa no apartado Do íntimo, e calquera que sexa o seu significado ten que ver coa biografía e coa vida interior da poeta.

Con este punto de partida hai abondosas hipóteses sobre o que Rosalía quixo dicir coa Negra Sombra, que significaba para ela e que quixo transmitir co seu poema.

Algunhas das hipóteses poden ser: É a lembranza doída de Aurelio Aguirre, amigo dela, poeta talentoso e líder cultural e social. A tristura polo mozo morto de xeito repentino era unha negra sombra que asaltaba a poeta en calquera momentoO poeta Aurelio Aguirre entra no Álbum de Galicia. O impacto que a morte de Aguirre tivo nos círculos culturais que compartían e en toda a sociedade compostelá, a súa amizade con Rosalía e o paralelismo entre os poemas dos dous autores apoia esta hipótese.

Versións musicais miniatura|275px|Versos de poema nun monumento en Lugo.

De "Negra sombra", convertida en peza musical, hai gravadas máis de 300 versións.

A versión orixinal e canónica é a composta polo Mestre Montes, no 1892.

Orixinalmente composta como fantasía para orquestra en versión para coral e para banda de música, así foi estreada na Habana no mesmo ano de 1892, onde gañou o primeiro premio no certame celebrado pola sociedade Aires d’a Miña Terra da HabanaAquí unha interpretación desta versión coa orquestra JMJ e o Orfeón Donostiarra.

A versión para piano e solista fai parte do obra 6 baladas galegas, todas elas pezas nas que Montes pon música a poemas de autores galegosVersión para piano e solista. Na partitura orixinal vai dedicada a mi muy querido amigo el Sr. D. Alejandro Berea y RodrigoSobre Canuto Berea e fillos comerciante e editor musical de A Coruña.

A calidade da obra a súa pronta difusión contribuíron a que o poema se fixera aínda máis popularPartitura en Galiciana,

O número de corais que a incorporan no seu repertorio é enorme, como exemplos: Orfeón Terra a Nosa, Coral Casablanca de Vigo, Orfeón Donostiarra...

Derivadas desta obra hai abondosas versión: Cinco versións en discos de lousa accesibles desde a páxina do Consello da Cultura GalegaVersións en disco de lousa/ algunha versión ten máis de 100 anos. Los Tamara, coa voz de Pucho Boedo e arranxos de Prudencio Romo. Pepe Domingo Castaño, 1975. Amancio Prada, 2005. Luz Casal e Carlos Núñez, 1996 Rosa Cedrón coa gaiteira Cristina Pato ao piano.

Hai tamén versións que lle dan unha nova volta á peza musical: Fillas de Cassandra, 2023, co título de Canta miña sombra, que levan o tema ao rap e o tecno. Najla Shami, 2013, con acompañamento de guitarra e viola da gamba. Pablo Sáinz Villegas, 2021, versión para guitarra clásica. Víctor Estrada, 2017, versión instrumental para theremin con acompañamento de guitarra. Astarot, 2017, en versión rock.

Tamén hai unha versión de Fran Amil, 2019, con música orixinal de Fran e Carlos Amil. A melodía denota claras influencias de músicos como Leonardo Dantés e Camela.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas "Negra sombra", No bico un cantar, TVG.

Categoría:Obras literarias de Rosalía de Castro Categoría:Obras de poesía en galego Categoría:Obras literarias de 1880