O aeroporto internacional Sri Guru Ram Dass Jee é un aeroporto situado a uns 11 quilómetros ao noroeste da cidade de Amritsar, na India. Foi bautizado na honra do Gurú Ram Das, o cuarto dos gurús Sikh e fundador de Amritsar. Ademais da cidade de Amritsar, o aeroporto tamén serve ás áreas veciñas do Panxab, os distritos occidentais de Himachal Pradesh e os distritos do sur de Jammu e Kashmir. O aeroporto opera voos a 21 destinos domésticos e 8 internacionais. No ano 2017 quedou no terceiro lugar entre os mellores aeroporto non metropolitanos da India segundo unha enquisa de satisfacción realizada aos clientes. O aeroporto rexistrou un incremento de tráfico do 54,4% entre outubro de 2016 e outubro de 2017.

Aeroliñas e destinos

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Amritsar