miniatura|240px|Callitropsis vietnamensis. Xanthocyparis (sinónimo Callitropsis) é un xénero de coníferas da familia das cupresáceas, subfamilia das cupresoideas, que comprende dúas especies, unha propia de Norteamérica e outra nativa do Vietnam, no sueste asiático.
Taxonomía Descrición e discusión En 2002, Farjon et al. describiron o novo xénero Xanthocyparis para acomodar nel a nova especie vietnamita X. vietnamensis e a outra especie, X. nootkatensis, o falso ciprés de Nootka, que anteriormente se incluírao no xénero Chamaecyparis, como C. nootkatensis. Isto debeuse en parte ao descubrimento de que C. nootkatensis estaba emparentada máis estreitamente co xénero Cupressus que con Chamaecyparis.
Little et al., en 2004, ao tempo que confirmaban a relación anterior con novas evidencias, sinalaron que tal como a describían Farjon et al., Xanthocyparis incluía a especie tipo de Callitropsis (Cupressus nootkatensis, un sinónimo de Chamaecyparis nootkatensis e Xanthocyparis nootkatensis).
O xénero Callitropsis fora descrito por Oërsted en 1864, pero este nome foi ignorado por Farjon e a maior parte dos autores. Segundo as normas do Código internacional de nomenclatura botánica, Callitropsis como nome aparecido na publicación máis antiga, ten prioridade á hora de nomear especies sobre Xanthocyparis, se este xénero inclúe a Cupressus nootkatensis. Little et al., polo tanto, recoñeceron a Xanthocyparis como un sinónimo de Callitropsis.
Porén, o nome Xanthocyparis foi proposto desde entón para a súa conservación por riba de Callitropsis,, pero a menos que esa proposta se aprobara no Congreso Internacional de Botánica en 2011, estas especies están correctamente clasificadas como Callitropsis, se son recoñecidas como un xénero diferente ao resto. E nese congreso, a proposta foi aprobada.Barrie, Fred R. (2011): "Report of the General Committee: 11". Taxon 60 (4): 1211–1214.
Little et al. (2004) tamén presentaron probas de que Cupressus é parafilético con respecto a Juniperus e Callitropsis, coas especies norteamericanas de Cupressus máis estreitamente relacionadas con Callitropsis que coas especies cupresáceas europeas e asiáticas.
Estas especies foron transferidas a Callitropsis por Little en 2006, pero esta transferencia non foi de momento universalmente aceptada.
Etimoloxía O nome científico Xantocyparis está formado pola unión dos elementos do latín científico xantho- e -cyparis, tirados dos nomes do grego antigo ξάνθος xánthos, "amarelo", e κυπάρισσος kypárissos, "ciprés", respectivamente. Literalmente: "ciprés amarelo" (ou "dourado").
Especies Xanthocyparis nootkatensis (D.Don) Farjon & Hiep 2002 Xanthocyparis vietnamensis Farjon & Hiep, 2002
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Farjon, A.; Hiep, N. T.; Harder, D. K.; Loc, P. K. & Averyanov, L. (2002): "A new genus and species in the Cupressaceae (Coniferales) from northern Vietnam, Xanthocyparis vietnamensis. Novon 12: 179–189. Gadek, P. A.; Alpers, D. L.; Heslewood, M. M. & Quinn, C. J. (2000): "Relationships within Cupressaceae sensu lato: a combined morphological and molecular approach?. American Journal of Botany 87: 1044–1057. Hogan, C. M. & Frankis, M. P. (2009): Monterey Cypress: Cupressus macrocarpa, GlobalTwitcher.com ed. N. Stromberg. Little, D. P.; Schwarzbach, A. E.; Adams, R. P. & Hsieh, Chang-Fu (2004): "The circumscription and phylogenetic relationships of Callitropsis and the newly described genus Xanthocyparis (Cupressaceae). American Journal of Botany 91 (11): 1872–1881. Little, D. P. (2006): Evolution and circumscription of the true Cypresses. Syst. Bot. 31 (3): 461-480. Mill, R. R. & Farjon, A. (2006): "Proposal to conserve the name Xanthocyparis against Callitropsis Oerst. (Cupressaceeae). Taxon '55 (1): 229-231.
Outros artigos Cupresáceas Cupresoideas Chamaecyparis
Ligazóns externas Xanthocyparis Farjon et Hiep 2002 en The Gymnosperm Database. Xanthocyparis na EOL. Xanthocyparis na GBIF. Xanthocyparis Farjon & T.H.Nguyên no IPNI. Xanthocyparis Farjon & T. H. Nguyên en Tropicos.
Categoría:Coníferas Categoría:Cupressaceae