A Guerra dos Dez Días ou Guerra de Independencia Eslovena (en esloveno: Slovenska osamosvojitvena vojna) foi un breve conflito armado entre a rexión iugoslava de Eslovenia e Iugoslavia sucedido en 1991, entre o 27 de xuño e o 6 de xullo, inmediatamente antes de que esta rexión declarase a súa independencia.
O conflito foi breve, xa que o exército de Iugoslavia non quería malgastar recursos nesta campaña. Isto foi así porque se estaba preparando para a Guerra de Independencia Croata, onde a maioría étnica serbia en Iugoslavia tiña reivindicacións territoriais, a diferenza de Eslovenia, que era considerada "etnicamente homoxénea". Ademais, o exército federal, composto fundamentalmente por blindados, atopou moi difícil actuar nun terreo fortemente urbanizado, ao ser esta rexión a máis urbana, occidental e rica da federación.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Guerras iugoslavas
Categoría:Historia de Eslovenia Categoría:Balcáns Categoría:1991 Categoría:Guerras do século XX Categoría:Guerras de independencia