O aeroporto de Komatsu é un aeroporto internacional xaponés situado a 4,2 quilómetros ao oeste da estación de Komatsu, na prefectura de Ishikawa. É o aeroporto máis grande da rexión de Hokuriku e serve ao sur da prefectura de Ishikawa, incluída a súa capital, Kanazawa, Fukui, e a parte norte a predectura de Fukui.
A Base Komatsu (小松基地 Komatsu Kichi) da Forza Aérea de Autodefesa do Xapón comparte a pista coas operacións civís; a pista de rodaxe do lado interior é usada pola Forza Aérea, e a do lado do mar e usada por avións civís. A base celebra un festival aéreo cada mes de setembro, con voos de demostración de cazas e avións de rescate, así como unha demostración do equipo acrobático Blue Impulse. O "Espazo aéreo G" é un grande espazo aéreo de adestramento sobre o mar do Xapón ao norte da base.
O aeroporto ten unha única terminal de pasaxeiros, que serve tanto aos voos domésticos como aos internacionais. A súa terminal de carga internacional, coñecida como HIACT (Hokuriku International Air Cargo Terminal), é propiedade dun consorcio de entidades gobernamentais e corporativas que ten como obxectivo servir como centro de distribución para carga procedente de Europa e outros continentes.
Aeroliñas e destinos
Carga
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto.
Komatsu