Dúas mulleres (en ) é un filme italiano de 1960 baseada na novela de 1957 La ciociara, escrita por Alberto Moravia.En italiano, ciociara é a forma feminina do xentilicio de Ciociarìa, rexión chamada tamén Ciocerìa e situada no Lacio ao sueste de Roma. Narra a historia dunha muller que intenta protexer a súa filla dos horrores da segunda guerra mundial; foi dirixida por Vittorio De Sica e protagonizada por Sophia Loren, Jean-Paul Belmondo, Raf Vallone, Eleonora Brown, Carlo Ninchi e Andrea Checchi.
Foi emitido na TVG o 21 de febreiro de 1992.La Voz de Galicia, 21 de febreiro de 1992. Páx. 63
Argumento A historia xira arredor de Cesira (Sophia Loren) e a súa filla Rosetta (Eleonora Brown) durante o avance das tropas aliadas pola Península Itálica. Michele (Jean-Paul Belmondo), intelectual comunista co que establecen relación, é capturado polos alemáns. No seu intento por volver a Roma, refuxiadas nunha igrexa, madre e filla son violadas por goumiers das tropas coloniais francesas durante as chamadas Marocchinate.
Elenco Sophia Loren .... Cesira Jean-Paul Belmondo .... Michele Di Libero Eleonora Brown .... Rosetta Carlo Ninchi .... Filippo Raf Vallone…Giovanni Andrea Checchi .... un fascista Pupella Maggio Emma Baron .... Maria Bruna Cealti Antonella Della Porta
Premios Sophia Loren recibiu o Oscar á mellor actriz. Foi a primeira vez que se entregou o premio a unha actuación en lingua diferente da inglesa. Festival de Cannes: Sophia Loren, premio á mellor interpretación feminina. David di Donatello: Mellor actriz protagonista. BAFTA á mellor actriz protagonista.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Dúas mulleres en TCMDB Crítica en New York Times Páxina do filme en Le Film Guide
Categoría:Filmes de 1960 Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes dirixidos por Vittorio De Sica Categoría:Filmes sobre a segunda guerra mundial Categoría:Filmes sobre nenos Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes sobre violación Categoría:Filmes rodados en Italia Categoría:Filmes en branco e negro Categoría:Filmes de 1960 con versión en galego