Alexandre-Émile Béguyer de Chancourtois, nado en París o 20 de xaneiro de 1820 e finado o 14 de novembro de 1886, foi un xeólogo e mineraloxista francés, o primeiro en ordenar os elementos químicos seguindo a orde do seu peso atómico, en 1862. De Chancourtois só publicou o seu artigo sobre isto, mais non publicou o gráfico propio coa disposición irregular. Malia considerarse unha publicación significativa, foi ignorada pola comunidade de químicos da época por estar escrita en termos xeolóxicos. De Chancourtois foi profesor de enxeñaría de minas e xeoloxía na École Nationale Supérieure des Mines de Paris. Foi tamén o Inspector de Minas en París, responsable na súa maior parte da posta en funcionamento de regulacións de seguridade para a minaría naquel entón.

Publicacións "Sur la distribution des minéraux de fer," en Comptes rendus de l'Académie des sciences, 51 (1860), 414–417. "Études stratigraphiques sur le départ de la Haute-Marne." París, 1862. "Vis tellurique," en Comptes rendus de l'Académie des sciences, 54 (1862), 757–761, 840–843, 967–971.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Químicos de Francia Categoría:Xeólogos de Francia Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1820 Categoría:Finados en 1886