dereita|miniatura|250x250px|Nativos de América do Norte facendo sinais de fume. Pintura de Frederic Remington. Os sinais de fume son os que se empregan para a comunicación entre áreas amplas e deshabitadas e que son feitas con fogueiras. É un dos medios de comunicación a distancia máis antigos. Estes sinais permiten comunicar mensaxes complexas e codificadas con antelación entre atalaias ou lugares de vixilancia. Un dos seus usos era avisar de avistamento de inimigos.

Fixéronse famosas grazas á súa representación nos filmes do xénero western, onde eran empregados polos indios de América do Norte.

Historia Na Antiga China, soldados que estaban alerta nas torres da Gran Muralla Chinesa podían alertar sobre ataques inimigos, enviando mensaxes de fume de torre a torre.

Os nativos americanos utilizábanos. Os selk'nam tamén utilizaban sinais de fume, tal como rexistraron os exploradores españois e portugueses durante o século XVI. A etnia ranquel, que habita A Pampa (Arxentina), tamén o utilizaba. Na conca do río Cachapoal a poboación rural utilizábao.

Notas

Categoría:Linguaxe corporal Categoría:Cultura nativa americana