STS-121 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 4 de xullo de 2006 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-121, con sete astronautas a bordo, foi unha misión de construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Steven Lindsey, o piloto Mark Kelly e os especialistas de misión Stephanie Wilson, Lisa Nowak, Piers Sellers e Mike Fossum.
O Discovery levou o módulo loxístico Leonardo repleto de material e subministracións ata a estación e a tripulación fixo varios paseos espaciais en preparación para posteriores misións. O transbordador acoplouse co porto PMA-2 da estación ás 14:52 GMT do 6 de xullo. Ao día seguinte acoplou o módulo Leonardo coa estación para descargarlo. Fixéronse varios paseos espaciais para probar novo equipamente e técnicas de reparación, así como instalacións preliminares no exterior da estación. O Discovery desacoplouse da estación ás 12:07 GMT do 17 de xullo, volvendo a terra en Cabo Cañaveral ese mesmo día.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Discovery
Categoría:Programa STS