STS-130 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 8 de febreiro de 2010 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-130, con seis astronautas a bordo, foi unha misión de construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante George Zamka, o piloto Terry Virts e os especialistas de misión Nicholas Patrick, Robert Behnken, Kathryn Hire e Stephen Robinson.

O Endeavour levou o módulo Tranquility coa súa cúpula característica, que quedou instalado tras tres paseos espaciais. O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 22 de febreiro de 2010.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Endeavour

Categoría:Programa STS