STS-28 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 8 de agosto de 1989 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-28, con cinco astronautas a bordo, todos militares, foi lanzada para poñer en órbita dous satélites militares clasificados. A tripulación estaba formada polo comandante Brewster H. Shaw, o piloto Richard N. Richards e os especialistas de misión James C. Adamson, David C. Leestma e Mark N. Brown.

Este foi o primeiro voo do Columbia despois de ser sometido a unha revisión e mellora dos seus sistemas. Foi a cuarta misión adicada a cargas clasificadas do Departamento de Defensa. Como misión secundaria a tripulación levou a cabo investigacións biomédicas. O transbordador regresou a terra sen incidentes na Base Edwards da Forza Aérea o 13 de agosto de 1989.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Columbia

Categoría:Programa STS