STS-37 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 5 de abril de 1991 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-37, con cinco astronautas a bordo (Steven R. Nagel, comandante, Kenneth D. Cameron, piloto, e os especialistas de misión Linda M. Godwin, Jerry L. Ross e Jay Apt), foi lanzada para poñer en órbita o observatorio espacial de raios gamma CGRO. Con 15.620 kg, CGRO foi a carga máis pesada posta en órbita ata entón por ningún transbordador espacial. Durante a liberación do observatorio unha das súas antenas quedou atascada, sendo necesario un paseo espacial para despregala. Se fixeron outros paseos espaciais programados para probar diversas técnicas no espazo.

Entre os experimentos secundarios estaban CETA, APM, SAREX II, PCG, BIMDA, RME III e AMOS.

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 11 de abril de 1991.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Atlantis Compton Gamma Ray Observatory

Categoría:Programa STS