María del Rosario Castells Vila, nada en Viana do Bolo en 1923"Fallece la catedrática de Viana Charo Castells Vila", necrolóxica en La Región, 26 de setembro de 2012 . e finada en Santiago de Compostela o 25 de setembro de 2012, foi unha médica, doutora en filosofía e letras, profesora e escritora galega.

Traxectoria Pasou a infancia en Betanzos, onde comezou os estudos de Bacharelato, que rematou no IES Eusebio da Guarda da Coruña. Na Universidade de Santiago de Compostela estudou Filosofía e Letras, e doutorouse en 1961 coa tese La comarca natural de Viana del Bollo, dirixida por Carlos Alonso del Real e Ramón Otero Pedrayo. Esta foi unha das primeiras obras realizadas sobre xeografía comarcal galega, e a Fundación Calouste Gulbenkian de Lisboa subvencionou a publicación da tese en 1967.

Como catedrática de Xeografía e Historia foi docente no Instituto do Carballiño, no IES Eduardo Blanco Amor de Ourense e no IES Salvador de Madariaga da Coruña. Nesa época estudou Medicina tamén na Universidade de Santiago, e tras licenciarse exerceu como médica no Hospital Municipal Labaca. Posteriormente especializouse en oftalmoloxía e exerceu nunha clínica privada de exames psicotécnicos.

Foi membro da Real Academia das Artes e das Letras, da Real Sociedade Xeográfica de Londres, da Real Academia Galega de Belas Artes e correspondente da Real Academia Galega.

Recoñecementos En 1966 recibiu o Premio Fernández Latorre polo artigo “Galicia, tierra de contrastes”, publicado no ABCPremiados 1966 , na web da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.. Unha rúa de Viana do Bolo leva o seu nome.

Obra La comarca natural de Viana del Bollo (1967) Vivencias de Galicia (Ideario) (1968)

Vida persoal

Casou en 1945 con Ramón Arias de Castro Sánchez e tivo dous fillos, Ramón e María del Rosario. Notas

Véxase tamén Bibliografía Enciclopedia Gallega, Tomo V, p. 215. Ares, C.: Ilustres (2014)

Marco, A. (2007): Dicionario de mulleres galegas. A Nosa Terra, p.93-94.

Ligazóns externas , Rosa María (1/3/2009). "María del Rosario Castells Vila" Mulleres ourensás.

Categoría:Nados en 1923

Categoría:Nados en Viana do Bolo Categoría:Finados en 2012 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Médicos de Viana do Bolo Categoría:Catedráticos Categoría:Profesores Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega