STS-45 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 24 de marzo de 1992 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-45, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para facer experimentos co laboratorio ATLAS 1, orientado ao estudo do Sol e da atmosfera terrestre. A tripulación estaba formada polo comandante Charles F. Bolden Jr., o piloto Brian Duffy, os especialistas de misión Kathryn D. Sullivan, David C. Leestma, Michael Foale e os especialistas de carga Byron Lichtenberg e Dirk D. Frimout, o primeiro astronauta belga.
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 2 de abril de 1992.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Atlantis
Categoría:Programa STS