STS-51-C foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 24 de xaneiro de 1985 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-51-C, con cinco astronautas a bordo (Thomas Mattingly, Loren Shriver, Ellison Onizuka, James Buchli e Gary Payton), foi a primeira misión militar dun transbordador espacial. Puxo en órbita o satélite militar USA 8 para o Departamento de Defensa dos Estados Unidos.
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 27 de xaneiro de 1985.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Discovery
Categoría:Programa STS