O Couto de A é un lugar da parroquia de Ramil, no concello lugués de Castro de Rei, na comarca da Terra Chá. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2019 tiña 27 habitantes (17 homes e 10 mulleres), o que supón un aumento repecto de 2016, cando tiña 25 habitantes.
Toponimia A orixe do topónimo é o latín , que é un "(lugar) cercado", para poder defendelo mellor.Moralejo Laso, A. (1977): Toponimia gallega y leonesa. Santiago de Compostela: Editorial Pico Sacro, páx. 41 ISBN 84-85170-20-2
Patrimonio No Arquivo do Reino de Galicia consérvanse dous documentos de 1599 relativos a Magdalena de Andión, un relativo ao pago de vasalaxe con Álvaro de NaviaMagdalena de Andión con Álvaro de Navia, sobre paga de vasallaje en el Coto de A, ficha do documento en Galiciana., e outro en relación coa xustizaMagdalena de Andión con la Justicia del Coto de A de Abajo, sobre comunes, ficha do documento en Galiciana.. No Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz aparece citado simplemente como A, indicando que é un couto redondo.
A aldea, atravesada pola estrada N-640, está entre o castro de Viladonga e o río Azúmara.
Lugares e parroquias Lugares de Ramil
Parroquias de Castro de Rei
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Castro de Rei
Categoría:Lugares de Castro de Rei Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía