STS-54 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 13 de xaneiro de 1993 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-54, con cinco astronautas a bordo, foi lanzada para poñer en órbita o satélite de comunicacións TDRS 6 e para facer experimentos a bordo do transbordador. A tripulación estaba formada polo comandante John H. Casper, o piloto Donald R. McMonagle e os especialistas de misión Mario Runco, Gregory J. Harbaugh e Susan J. Helms. Entre os experimentos a bordo estaban DXS, CHROMEX, CGBA A, PARE 02 e SSCE. No quinto día de misión, Runco e Harbaugh fixeron unha actividade extravehicular na bodega de carga do transbordador para gañar experiencia en como traballar no espazo, entre outras cousas probando a montarse en agarradeiras para os pés sen usar as mans e simulando ter que transportar cargas voluminosas en microgravedade.
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 19 de xaneiro de 1993.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Endeavour
Categoría:Programa STS