STS-60 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 3 de febreiro de 1994 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-60, con seis astronautas a bordo (Charles Bolden, Ken Reightler, Jan Davis, Ronald M. Sega, Franklin Chang-Díaz e Sergei Krikalev, o primeiro ruso en voar nun transbordador), foi lanzada para facer varios experimentos no laboratorio Spacelab 2, soltar os obxectivos de radar ODERACS A a F, poñer en órbita o satélite alemán BremSat e soltar o escudo despregable Wake Shield Facility para fabricar cristais ultrapuros no espazo, que non se despregou correctamente.
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 11 de febreiro de 1994.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Discovery
Categoría:Programa STS