STS-61-C foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 12 de xaneiro de 1986 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-61-C, con sete astronautas (Robert Gibson, Charles Bolden, Franklin Chang-Díaz, George Nelson, Steven Hawley, Robert Cenker e o congresista Bill Nelson, o segundo político no espazo) a bordo, foi lanzada para poñer en órbita o satélite Satcom K1 e facer varios experimentos a bordo. O transbordador levaba a cámara CHAMP para facer observacións do cometa Halley, pero non chegou a funcionar por problemas coas súas baterías.

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 18 de xaneiro de 1986.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Columbia

Categoría:Programa STS