STS-79 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 16 de setembro de 1996 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-79, con cinco astronautas (William F. Readdy, Terrence W. Wilcutt, Tom Akers, Jay Apt, Carl E. Walz e John E. Blaha) a bordo, foi lanzada para acoplarse á estación espacial Mir e transferir subministracións, intercambiar algúns membros da tripulación e facer experimentos.

O transbordador levaba na súa bodega o módulo Spacehab, na súa segunda misión. A tripulación transferiu máis de 1814 kg de equipamento, subministracións e experimentos entre o Atlantis e a estación e 907 kg de mostras experimentais e equipamento da estación ao Atlantis.

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 26 de setembro de 1996 deixando a Blaha na estación e traendo de volta a Shannon Lucid tras 188 días no espazo, un récord no seu momento para un astronauta estadounidense.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Atlantis

Categoría:Programa STS