Marta Peirano, nada en Madrid o 7 de novembro de 1975, é unha escritora e xornalista española. Desde setembro de 2013 dirixe a sección cultural do periódico dixital eldiario.es. É fundadora de CryptoParty Berlín (iniciativa arredor de cuestións sobre privacidade e seguridade en Internet) e de Elástico, colectivo multidisciplinar co que codirixiu o proxecto COPYFIGHT en 2005 sobre cultura libre. Colabora con distintos medios nos que escribe sobre cultura libre, autómatas, seguridade e privacidade, dereitos en Internet e criptografía para periodistas.
En galego, na tradución de Antía Veres Xesto, Kalandraka publicou o ensaio de Peirano intitulado O inimigo coñece o sistema, como aprte da colección "Ágora K"Ficha na web da editorial.
Traxectoria Participou no desaparecido periódico ADN e na publicación Jot Down con artigos sobre cultura. Escribiu sobre tecnoloxía e mundo dixital na revista Muy Interesante e en Consumer. Desde 2013 dirixe a sección de Cultura de eldiario.es e publica artigos sobre vixilancia do poder, medio ambiente, cultura e dereitos e liberdades.
Obra Publicou varios libros e participou como colaboradora noutros.
El rival de Prometeo, Vidas de Autómatas Ilustres (Impedimenta, 2009; xunto con Sonia Bueno Gómez-Tejedor) Collaborative Futures: A Book About the Future of Collaboration (Paperback, 2010; VV.AA.) On Turtles and Dragons and the Dangerous Quest for a Media Art Notation System (version 1.2) (2013; VV.AA.) Futurish: Thinking Out Loud About Futures. Time's Up (2014; VV.AA.) Pequeño libro rojo del activista en la red (Roca Editorial, 2015; prólogo de Edward Snowden) El enemigo conoce el sistema (2019), Madrid, editorial Debate. Contra el futuro. Resistencia ciudadana frente al feudalismo climático (2022)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas ¿Por qué me vigilan si no soy nadie?. Charla de Marta Peirano en TEDxMadrid. La Petite Claudine, eeb persoal.
Categoría:Xornalistas da Comunidade de Madrid Categoría:Escritores da Comunidade de Madrid Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1975