Rosso Fiorentino, nado en Florencia o 8 de marzo de 1494 e finado en Fontainebleau (París) o 14 de novembro de 1540, foi un pintor manierista italiano.
Traxectoria Estudou arte no estudio de Andrea del Sarto xunto ó seu contemporáneo, Pontormo. Fuxindo de Roma despois do Saqueo de 1527, Fiorentino foi a Francia onde conseguiu unha posición na corte de Francisco I en 1530 e permaneceu alí ata a súa morte. Xunto con Francesco Primaticcio foi un dos artistas principais a traballar no Chateau Fontainebleau. Alí realizou frescos e estucos nos que a súa arte se volve caprichosa e elegante, como un anticipo do barroco. Unha das súas últimas obras e ó tempo unha das súas obras mestras é A Piedade que se atopa actualmente no museo do Louvre. Galería de imaxes
Categoría:Pintores de Italia Categoría:Maneirismo Categoría:Nados en Florencia Categoría:Nados en 1494 Categoría:Finados en 1540