Selim Gustaf Adolf Palmgren ou simplemete Selim Palmgren, nado en Pori o 16 de febreiro de 1878 e finado en Helsinqui o 13 de decembro de 1951, foi un compositor e pianista finlandés que axudou a establecer o movemento nacionalista na música finlandesa.

O conservatorio da súa cidade natal leva o seu nome.

Obra Entre a súa produción salientan as súas composicións para piano, podendo percibirse na súa obra a presenza de elementos impresionistas como o emprego de escalas de tons enteiros ou construcións de acordes paralelos.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1878 Categoría:Finados en 1951 Categoría:Nados en Pori Categoría:Compositores de Finlandia Categoría:Pianistas de Finlandia