miniatura|Núcleos de poboación da Illa, de Venceáns e de Entrimo (a parroquia matriz) no Catastro de Ensenada, 1753. San Lourenzo da Illa é unha parroquia do concello ourensán de Entrimo, na comarca da Baixa Limia. Segundo o IGE en 2014 tiña 260 habitantes (124 homes e 136 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación.

Forma parte da parroquia eclesiástica da Illa que está formada polos 4 lugares desta parroquia civil, máis os 2 lugares (só 1 habitable) da parroquia homónima do concello de Lobios.

A Illa na literatura popular Á nosa Virxe de Olelas/ quérena mudar arriba;/ non han de ver o que coidan/ os baraceiros de Illa Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 39. Olelas e A Illa son lugares da parroquia da Illa, concello de Entrimo. Se vas a San Benitiño/ non vaias a Lantemil,/ que hai outro máis milagreiro,/ á subida do Pacín Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 148. Lantemil é un lugar da parroquia de San Lorenzo da Illa no concello de Entrimo. O río Pacín fórmase ó unirse os ríos Illa e Montaña, e desauga no Limia. A ermida de San Bieito está no monte do Grou, no Leboreiro. Grou, sen advocación, enténdese que é San Mamede de Grou, parroquia do concello de Lobios..

Notas

Lugares e parroquias Lugares da Illa

Parroquias de Entrimo

Véxase tamén Outros artigos A Illa A Illa, Lobios

Categoría:Parroquias de Entrimo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Lourenzo Categoría:Parroquias civís galegas que non coinciden coas eclesiásticas