Juan Pablo Martínez Cortés, nado en Zaragoza no ano 1976, é un enxeñeiro e profesor universitario aragonés. Enxeñeiro de Telecomunicacións na especialidade de comunicacións dende 1999 e doutor pola Universidade de Zaragoza dende 2005.
Traxectoria A súa traxectoria profesional desenvolveuse no Centro Politécnico Superior, primeiro, e despois na Escola de Enxeñaría e Arquitectura (EINA). Na actualidade é profesor titular da materia de Teoría do Sinal e Comunicacións no Departamento de Enxeñaría Electrónica e Comunicacións (IEC) da Universidade de Zaragoza. Ademais, é membro e mestre de lingua aragonesa na Asociación Cultural Nogará-Religada.
A área de investigación na que se centrou o seu traballo é o procesamento do sinal, aplicado sobre todo a sinais biomédicos. Pertence ao "Grupo de Tecnologías de las Comunicaciones" do Instituto de Investigación en Enxeñaría de Aragón. No seu curriculum investigador atópanse unha setentena de publicacións en congresos e revistas internacionais dende 1999 até o día de hoxe.
Lingua aragonesa Membro da Asociación Cultural Nogará-Religada onde é mestre,Cursos Nogará. tamén é dende o 15 de decembro de 2012 Membro Correspondente da Academia de l'Aragonés,L'Estudio de Filolochía Aragonesa incorpora seis nuevos miembros . El aragonés incorpora seis académicos colaborando nos traballos de codificación con dita institución.
Juan Pablo é editor e colaborador habitual da Wikipedia en aragonés. Tamén colabora coa Asociación Softaragonés, na que axudou á creación de software en aragonés, entre o que sobresae o paquete oficial deste idioma para o navegador Mozilla Firefox. Ademais, desenvolveu tecnoloxías de lingüística computacional como a versión en aragonés do tradutor automático Apertium ou o corrector ortográfico baseado en Hunspell, desenvolvido en colaboración con Santiago Paricio.
Xenealoxía Por outra parte, Juan Pablo Martínez Cortés tamén está interesado pola historia e pola xenealoxía de Aragón, sendo membro fundador da xunta directiva da Asociación Cultural de Xenealoxía e Historia de Aragón (AragónGen).
Obras Publicacións científicas relativas á lingua aragonesa S. Paricio Martín e J.P. Martínez Cortés (2010): Noves vies de revitalització per a llengües minoritzades: la repercussió d'internet en el cas de l'aragonès, en Digithum, número 12. Universidade Aberta de Cataluña. Versións en castelán e inglés. J.P. Martínez Cortés, J. O'Regan e F. Tyers: Descripción y evaluación de un analizador/generador morfológico para el aragonés, como base para un sistema de traducción automática mediante transferencia, na VI Trobada d'estudios e rechiras arredol d'a luenga aragonesa e a suya literatura. Juan Pablo Martínez Cortés, Jim O'Regan, Francis Tyers: Free/open-source shallow-transfer based machine translation for Spanish and Aragonese. Proceedings of the 8th Conference on Language Resources and Evaluation, LREC2012, pp. 2553-2557. S. Paricio Martín e J.P. Martínez Cortés: El desarrollo de herramientas de lingüística computacional para el aragonés". Actas del XXX Congreso Nacional de Lingüística Aplcada, AESLA 2012, pp. 494-500. Leida.. J.P. Martínez Cortés e S. Paricio Martín: 'Las TIC como herramienta en la revitalización de lenguas en peligro: el caso del aragonés. Actas da Xornada "Internet y la promoción de la diversidad lingüística", Catedra Unesco de Patrimonio Linguístico Mundial da Universidade do País Vasco (UPV-EHU), Bilbao, (en prensa). J.P. Martínez Cortés: Opportunities, risks and challenges of social media for (very) endangered languages: the case of Aragonese. Expert Seminar on Social Media and Lesser Used Languages, Mercator-Research, Academia Frisia e Goberno Vasco, Ljouwert (Países Baixos). Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web de Juan Pablo Martínez Cortés
Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Enxeñeiros de España Categoría:Lingua aragonesa Categoría:Profesores da Universidade de Zaragoza