María Tarsy Carballas Fernández, nada en Taboada o 2 de xuño de 1934 e finada o 16 de maio de 2026, foi unha científica galega, pioneira no estudo da xénese, clasificación e cartografía dos solos da zona temperada–húmida de España.Bernard Souchier. 1981. Migrations organo-minérales dans les sols tempérés: Nancy, 24-28 septembre 1979. Volume 303 de Colloques internationaux du Centre national de la recherche scientifique. Ed. CNRS. 500 pp. ISBN 2222026814 Vencellada ao CSIC desde 1965, foi Vocal da Comisión da Área de Ciencias Agrarias e da Xunta de Goberno.Reseña Academia de Farmacia de Galicia Desenvolveu actividades académicas no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, en Santiago de Compostela.
Traxectoria Filla de Segunda Fernández Porto e Modesto Carballas Cadahía (1906-1975), que foi oficial maior do concello de Taboada e correspondente de El Progreso nesta vila.
Licenciouse en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela en 1958 e en 1963 foi Premio Extraordinario de Licenciatura en Ciencias Químicas. Doutorouse en Farmacia, pero especializouse en Bioquímica e Edafoloxía.
Estudou primeiro na Universidade de Santiago, e logo na de Nancy (Francia). Foi a primeira muller académica de Farmacia no Estado Español; tamén ingresou na Real Academia Galega de Farmacia (2003), e foi a primeira en formar parte da xunta de goberno da Sociedade Internacional de Ciencias do Solo (1980-84). É Socia de Honra da Sociedad Española de la Ciencia del Suelo.
Comezou a traballar na década de 1960 no CSIC, investigando en edafoloxía1982. Anales de edafología y agrobiología. Volume 41, Nº 1-2. Ed. Consejo Superior de Investigaciones Cientificas. Ocupou a cátedra de Edafoloxía na Universidade de Santiago. Fundou en 1980 o Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (IIAG), no que exerceu a dirección entre 1994 e 2004.
Mantivo un campo de investigación sobre solucións para recuperar o solo das áreas afectadas por incendios. Publicou máis de douscentos artigos e unha ducia de libros.
En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer.
Algunhas publicacións Martín, A., Díaz-Raviña, M., Carballas, T. 2010. Short- and medium-term evolution of soil properties in Atlantic forest ecosystems affected by wildfires. Land Degradation and Development (DOI: 10.1002/ldr.1078). Elsevier, Reino Unido. González-Prieto, S.J., Carballas, T. (1991). Composition of organic N in temperate humid region soils (NW Spain). Soil Biol. Biochem. Volume 23:887-895 1990. Mapa Mundial de suelos: leyenda revisada. V. 60 de Informes sobre Recursos Mundiales de Suelos. Ed. FAO. 142 pp. ISBN 9253030224 Francisco Guitián Ojea, Tarsy Carballas Fernández. 1982. Suelos naturales de la provincia de Orense. Ed. Consello Superior de Investigacións Científicas, Instituto de Investigaciones Agrobiolóxicas de Galicia. 114 p. ISBN 8400051750 Francisco Guitián Ojea, Tarsy Carballas Fernández (1976). Técnicas de análisis de suelos, v. 70 de Monografías de ciencia moderna. Ed. Pico Sacro. 288 p. ISBN 8485170091 Francisco Guitián Ojea, Tarsy Carballas Fernández, F. Díaz Fierros (1973). Suelos de la zona húmeda española. VII. Suelos naturales del Pirineo oscense. Pirineos, v. 108:5-40 Francisco Guitián Ojea, Tarsy Carballas Fernández (1968). Suelos de la zona húmeda española. III. Ranker atlántico. Anales Edafol. Agrobiol. 27: 57-73 Carballas, T., Duchaufour, Ph. Jacquín, F. (1967). Evolution de la matière organique des rankers. Bull. ENSA de Nancy 9: 20-28 1963. Níquel en los suelos de la provincia de La Coruña Boletín Universidade Compostelana 71: 651-684
Galardóns e homenaxes 1963: Premio extraordinario de licenciatura.Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias. 1964. Acta cientifica Compostelana. Volumes 1-4. Ed. Facultade de Ciencias 1972: Premio Fray Bernardino de Sahagún de traballos científicos. 1977: Diploma do Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia. 1982: Premio Galicia de Investigación (Modalidade de Ciencias) 2004: Doutora «ad Honorem» do CSIC. 2006: Presidenta do Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia. 2009: Medalla Castelao pola súa contribución á cultura galega.Tarsy Carballas, Diz-Lois, García Alén, Pérez-Barreiro y Marcos Valcárcel recibirán la Medalla Castelao 2009 2011: Socia de Honra da Sociedad Española de la Ciencia del Suelo. 2012: Premio María Josefa Wonenburger Planells en recoñecemento á súa labor de investigación. 2012: Premio a la Excelencia Química 2012 por un estudo da prevención de incendios forestais,Una investigadora gallega gana el premio Excelencia Química 2012
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Pintos Barral, X. (2015) As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago de Compostela. Pintos Barral, Xoana (2021). Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Editorial Galaxia.
Outros artigos A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)
Ligazóns externas
Tarsy Carballas na exposición virtual Mulleres na Ciencia.
Curriculum Vitae, Consello Superior de Investigacións Científicas, marzo de 2011. María Tarsy Carballas, profesora de investigación. Roberto y Carlos Mirás. Sesenta y más, ISSN 1132-2012, Nº. 274, 2008, páxs. 54-57 "La Ley de Incendios no contempla la realidad", entrevista en El País, 5 de agosto de 2007 . "Como científica síntome frustrada porque o que descubrimos non se leva á práctica", entrevista en Galicia Hoxe, 12 de xullo de 2008. Tarsy Carballas, a científica que mira para o solo. Artigo de Victoria García en Gciencia.
Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Medallas Castelao Categoría:Membros da Real Academia de Farmacia de Galicia Categoría:Nados en Taboada Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 2026 Categoría:Químicos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela