Un monicreque, fantoche, monifate, monicaco ou marioneta é un obxecto, a miúdo con aparencia humana, animal ou mítica, que é animado e manipulado por unha persoa. A persoa emprega movementos da súa man, brazo ou dispositivos de control como varas, cordas ou outros mecanismos para mover o corpo, a cabeza, as extremidades e, nalgúns casos, a boca e os ollos do monicreque. Con frecuencia, a persoa que move o monicreque tamén fai do personaxe, sincronizando os movementos da boca do boneco coa parte falada da representación.

Historia esquerda|miniatura|Museo internazionale delle marionette Antonio Pasqualino, Sala da opera dei pupi. Os monicreques son unha forma moi antiga de teatro que aparece na Antiga Grecia no século -V.Heródoto, Historias, 2.48, en PerseusXenofonte, Simposio, 4.55, en Perseus No Antigo Exipto empregábanse figuras que podían mover diversas partes do corpo con finalidade relixiosa.

Os monicreques forman parte de numerosas tradicións culturais en todo o mundo. Entre elas, o bunraku xaponés e a opera dei pupi siciliana, baseada en historias do ciclo carolinxio como o Orlando Furioso.

Outro campo relacionado co mundo dos monicreques é o do teatro de sombras, no que as figuras, vistas a través dunha pantalla e iluminadas por detrás, son movidas con talos, varas ou mecanismos semellantes.

En Galiza O teatro de monicreques galego ten como figura máis coñecida a de Barriga Verde, artista e personaxe popular de espectáculos itinerantes moi difundidos ao longo do século XX, especialmente en feiras e festas, con representacións emparentadas cos títeres de cachiporra e o Punch and Judy británico, caracterizados polo humor directo, a interacción co público e certa improvisación.

Na actualidade, o teatro de monicreques en Galicia continúa a desenvolverse a través de compañías profesionais que combinan tradición e innovación escénica, como Kukas, Viravolta Títeres (colaboradores do Museo Galego da Marioneta) ou Tanxarina, e eventos como o Festival Internacional de Títeres de Redondela.miniatura|Monicreques de man tradicionais nun espectáculo de Punch & Judy.|centro Tipos de monicreques Existen diferentes tipos de monicreques segundo a técnica de manipulación:

De man: manipúlanse directamente coa man no seu interior. De fíos ou marionetas: móvense mediante cordas desde arriba. De vara: controlados por varas unidas ao corpo ou ás extremidades. Bunraku: tradición xaponesa na que varios manipuladores controlan un único monicreque. De sombra: figuras planas proxectadas sobre unha pantalla iluminada. (Véxase teatro de sombras e sombras chinescas).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Ghosh, S. and Banerjee, Utpal Kumar, Indian Puppets, Abhinav Publications, 2006. . Bell, John, Strings, Hands, Shadows: A Modern Puppet History, Wayne State University Press, 2000. .

Outros artigos

Estado fantoche ou Estado monicreque

Categoría:Teatro