Pierre Charles-André Malotaux, nado o 28 de abril de 1923 na cidade surholandesa de Delft e finado o 14 de febreiro de 2016 en De Bilt, na provincia de Utrecht, foi un teórico da administración e da organización neerlandés, asesor empresarial e profesor de Administración de Empresas na Universidade de Tecnoloxía de Delft.

Malotaux é coñecido por desenvolver, xunto co seu colega da TU Delft o enxeñeiro aeroespacial Jan in 't Veld, unha teoría de sistemas específica para problemas organizativos, chamada Delft Systems Approach ("Teoría de Sistemas de Delft").Veeke, H.; Ottjes, J. The Delft Systems Approach: Analysis and Design of Industrial Systems. Springer, 2008. Páxina viii [ISBN 978-1848001763] (en inglés)

Traxectoria Primeiros anos e educación Malotaux é fillo de Robert Nicolas Marc August Malotaux (1898-1984) e Alice Cesarine Michiels (1897-1975), con antecedentes pola vía paterna na vila de Valenciennes, na rexión gala da Alta Francia.

Acabou os seus estudos secundarios en 1940 e ese mesmo ano, comezou os seus estudos de Enxeñaría aeroespacial na Universidade de Tecnoloxía de Delft, onde, coa interrupción motivada pola segunda guerra mundial, non chegou a acadar a súa graduación ata 1951.

Madureza e carreira profesional Logo da súa graduación, comezou a traballar no departamento psicotécnico da empresa de produción de aceiro Koninklijke Hoogovensen. Desde 1953 a 1959 foi asesor nunha axencia de consultoría de negocios e en 1959 estableceuse como asesor empresarial independente e participou no grupo de traballo sobre administración de empresas no Koninklijk Instituut van Ingenieurs ("Real Instituto de Enxeñeiros").Malotaux, P.; Schaafsma, A.; Van der Touw, A. (1998). Páxina 147.

En 1968 tomou posesión como o sexto profesor titular de Administración de Empresas na Universidade de Tecnoloxía de Delft, logo da creación desa materia en 1909. No entanto, non foi el só quen sucedeu o seu antecesor no posto, Jacob Louis Mey, senón que xunto a Malotaux constituíuse un equipo con outros dous profesores: o enxeñeiro Jan in 't Veld e o matemático Henk Lombaers. Dentro do departamento, Malotaux pasou a centrarse nos aspectos xerais de teoría empresarial, In 't Veld na organización industrial e Lombaerts na investigación operativa.Malotaux, P.; Lombaers, H.; In 't Veld, J. (1969).

En cooperación con Jan in 't Veld e outros moitos enxeñeiros e científicos sociais, Malotaux desenvolveu unha teoría de sistemas específica para problemas organizativos, que se deu en chamar Delft Systems Approach ("Teoría de Sistemas de Delft").Dekkers, R. (R)Evolution: Organizations and the Dynamics of the Environment. [ISBN 978-0387261256] Springer, 2005. Páxinas 429-434 (en inglés) Na década de 1980, Malotaux foi un impulsor dunha rede nacional de confiabilidade, xestión do mantemento e empresa de tecnoloxía do mantemento.Kooijman, D.; Swets, H.; Priemus, H. Programmering onderzoek technisch beheer vastgoed. Delftse Universitaire Pers, 1990. Páxina 34. [ISBN 90-6275-639-5] (en neerlandés) En 1994 foi sucedido por Jan Willem Koolhaas no equipo da TU Delft, quen ocupou o seu posto ata 1998.Jongeneel, Ch. "Koolhaas begint een hotel ". En Delta, 17-12-1998 (en neerlandés)

En 2004 Malotaux recibiu unha condecoración real nos Países Baixos ao recibir o título de cabaleiro da Orde de Orange-Nassau."Lintjesregen daalt neer: een overzicht. Ridder in de Orde van Oranje-Nassau". En RTV Utrecht. 29 de abril de 2004 (en neerlandés) No mesmo ano, xunto con Jan in 't Veld, foi nomeado honorable membro do Real Instituto de Enxeñeiros (Koninklijk Instituut van Ingenieurs - KIVI).

Malotaux dirixiu as teses de doutoramento dos investigadores Jan Willem Koolhaas (1980), Eduard Rudolf Muhring (1987), Willem Gerrit Monhemius (1990) e Riek Boswijk (1992).

Publicacións salientables Malotaux, P.; Van der Gon, J. Methode voor kwalitatief grenslaagonderzoek met behulp van gloeidraden zonder beinvloeding der stroming. Technische Hogeschool Delft, Aircraft Engineering. Report VTH-45, 1951 (en neerlandés) Malotaux, P. Subjectiveren en objectiveren. Conferencia sobre "o pensamento como proceso". Technische Hogeschool Delft, 1968 (en neerlandés) Malotaux, P.; Lombaers, H.; In 't Veld, J. Trio-logie: Variaties sobre een thema uit de bedrijfsleer, 1969 (en neerlandés) Malotaux, P.; Verbug, P.; Halbertsma, K.; Boers, J. (ed.). Organisatiewetenschap en praktijk. Leiden. Stenfert Kroese, 1976 (en neerlandés) Malotaux, P.; Doorman, J.; In 't Veld, J. Inleiding Methodologie: cursus 1977/78. Technische Hogeschool Delft, 1977 (en neerlandés) Adriaanse, D.; Maas, P; Malotaux, P. Een psychiatrische behandeleenheid in ontwikkeling: het procesbeschrijvingsmodel en praktijk: Delft. Delftse Universitaire Pers, 1980 (en neerlandés) Malotaux, P. Een tussenbalans. TU Delft, 1994 (en neerlandés) Malotaux, P.; Boswijk, H.; Van der Heide, H. Sturen De drijven?. Alphen aan den Rijn. Samsom BedrijfsInformatie, 1995 (en neerlandés) Malotaux, P.; Schaafsma, A.; Van der Touw, A. Besturend vermogen: organisatie in verval en herstel. Stichting Maatschappij en Onderneming, 1998 (en neerlandés) Ten Haaf, W.; Bikker, H.; Adriaanse, J (con contribucións de In 't Veld, J. e Malotaux, P.). Fundamentals of business engineering and management: a systems approach to people and organisations . Delft. DUP Science, 2002 (en inglés)

Notas

Categoría:Nados en 1923 Categoría:Nados en Delft Categoría:Finados en 2016 Categoría:Alumnos da Universidade de Tecnoloxía de Delft Categoría:Profesores da Universidade de Tecnoloxía de Delft Categoría:Enxeñeiros dos Países Baixos Categoría:Científicos dos Países Baixos Categoría:Teoría de sistemas