A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística constituíse no ano 2009 para coordinar os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e traballou moi activamente na normalización lingüística da lingua galega ata o ano 2016 en que votou a súa non continuidade. Editou a revista A letra miúda como publicación dixital para o profesorado dos centros de ensino non universitario, a revista Ollos de aula dirixida ás familias do alumnado e Exprés Novas da CGENL.

En 2011 recibiu o Premio Xoán Manuel Pintos.

Notas

Ligazóns externas Páxina da CGENL https://web.archive.org/web/20100710051828/http://www.coordinadoraendl.org/

Categoría:Normalización lingüística do galego