Sergio Zearreta López, nado en Amorebieta (Biscaia) en 1975, é un actor e músico vasco radicado en Galicia.
Traxectoria Formado nos grupos de teatro Sardiña da Coruña e Maricastaña de Ourense, traballou coas compañías Matarile Teatro, Espello Cóncavo, Voadora Compañía, Chévere Producciones, Centro Dramático Galego, Contraproducións, Ainé ou Verderveras. Protagonizou o musical Galicia Caníbal de Filmanova Invest e foi finalista a mellor actor protagonista e mellor música orixinal nos XXIV Premios María Casares de Teatro (2020) por Fariña, o espectáculo.
Participou en series como Rapa, El caso Asunta, Saudade de ti, Vivir sin permiso, Urxencia cero, Serramoura, Matalobos ou As leis de Celavella. Tamén presentou os programas da TVG Heicho cantar, queridiña e O Explorador. Formou parte dos elencos das longametraxes Antes de nós, Honeymoon e Crebinsky, coa que acadou o premio ao mellor actor protagonista no Festival CineSpaña de Tolousse en 2011.
Na súa faceta musical é o cantante e compositor da Lamatumbá e estivo á fronte de Purple Rei, Gallaecia Big Band, Anfibia e Banda Crebinsky, coa que acadou o premio Martín Códax 2016 ao mellor proxecto na categoría de Músicas do Mundo e 2019 na categoría de Reggae, Ska e Mestizaxe.
Filmografía Cine
Antes de nós (2025) Longametraxe Leo y Lou (2025) Longametraxe Honeymoon (2023) Longametraxe Nena (2023) Curtametraxe A nena azul (2018) Curtametraxe Crebinsky (2011) Longametraxe
Televisión
El clan Olimpia (2025) Episódico Rapa (2024) Repartición El caso Asunta (2024) Repartición Saudade de ti (2024) Repartición Método criminal (2021) Episódico Vivir sin permiso (2018) Secundario O final do camiño (2017) Episódico Augasquentes (2016) Episódico O faro (2016) Secundario Hospital Real (2015) Episódico Urxencia cero (2015) Episódico A casa da Conexa (2014) Episódico O explorador (2013) Presentador Serramoura (2012) Secundario Heicho cantar, queridiña (2012) Presentador Piratas (2011) Secundario XIV Premios María Casares (2010) Secundario Matalobos (2010) Secundario VII Premios Mestre Mateo (2009) Presentador Padre Casares (2009) Episódico Os Atlánticos (2008) Episódico XI Premios María Casares (2007) Presentador A vida por diante (2007) Episódico As leis de Celavella (2005) Episódico
Teatro As formas do amor (2024) Verdeveras e Centro Dramático Galego. Recortes, caneos e outros xeitos de driblar (2022) Centro Dramático Galego e Ainé. Fariña, o espectáculo (2019) Ainé Producións, Undodez e Oqueteño Media. Commedia25 (2018) Contraproducións Ultranoite110 (2018) Chévere Martes de Carnaval (2017) Centro Dramático Galego En busca do Nadal (2017) Concello de Ourense Escapárate de xénero (2017) Chévere Medea, salvaxe? (2016) Palimoco Teatro Ultranoite107 (2016) Chévere Ultranoite105 (2015) Chévere A tempestade (2014) Voadora Eurozone (2014) Chévere Días sen gloria (2013) Centro Dramático Galego Galicia Caníbal, o musical (2012) Filmanova Tokio3 (2012) Voadora A ópera dos tres reás (2011) Centro Dramático Galego Limpeza de sangue (2010) Espello Cóncavo Super8 (2010) Voadora Illa Reunión (2006) Centro Dramático Galego Historia natural (2005) Matarile Teatro Acto seguido (2002) Matarile Teatro Novecento (2001) Teatro á deriva
Música
Lamatumbá (2007-actualidade) CDs 'Paraugas Universal' e 'A Órbita da Banda Hipnótica' Purple Rei (2021-2025) Banda Crebinsky (2014-2024) CD 'Zirkus Affe' Gallaecia Big Band (2014-2024) Anfibia (2011-2014)
Premios
Finalista a Mellor actor protagonista e Mellor música orixinal nos XXIV Premios María Casares de Teatro (2020) por Fariña, o espectáculo. Mellor actor no Festival CineSpaña de Toulouse (2011) por Crebinsky. Primeiro premio no Certame Teatro Xove Xunta de Galicia (2001) por Novecento.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Sergio Zearreta (web)
Categoría:Nados en Amorebieta-Etxano Categoría:Nados en 1975 Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Actores do País Vasco