Fariña é unha serie de televisión inspirada en feitos reais, emitida pola canle de televisión española Antena 3, entre o 28 de febreiro e o 9 de maio de 2018. Está baseada no libro homónimo Fariña, do xornalista coruñés Nacho Carretero, e versa sobre o narcotráfico en Galicia e Sito Miñanco, un histórico traficante de drogas galego. O guión foi escrito por Ramón Campos, Gema R. Neira, Cristóbal Garrido e Diego Sotelo.Fariña (serie de TV, 2018) en FilmAffinity.
Foi producida por Atresmedia Televisión en colaboración con Bambú Producciones e nela participaron un gran número de actores galegos como Javier Rey, Celso Bugallo, Marta Larralde, Patricia Vázquez e Antonio Durán "Morris", entre moitos outros.Antena 3 decide dejar en emisión 'Fariña': la serie continuará en el prime time de los miércoles
A súa estrea foi adiantada debido ao secuestro cautelar xudicial do libro no que está baseado, levado a cabo o 5 de marzo de 2018."La juez ejecuta el secuestro de ‘Fariña’, el libro sobre los ‘narcos’ gallegos", El País, 5 de marzo de 2018 .
Trama 280px|esquerda|miniatura|O Pazo Baión, propiedade emblemática do narcotraficante Laureano Oubiña. Ambientado na Galicia dos anos 80, moitos pescadores galegos atópanse cheos de débedas e sen un posto de traballo. Sito Miñanco é un pescador con habelencia manexando a lancha que comeza no contrabando de tabaco da man de Terito (Vicente Otero Pérez), o xefe dos clans da ría de Arousa. Despois, estabelécese pola súa conta con outros compañeiros. Porén, a escaseza económica fará que aqueles que traficaban con tabaco aproveiten para intentar expandir o seu negocio a un máis perigoso: as drogas.
Entre os diferentes clans de contrabando coméntase a posibilidade de empezar co tráfico de haxix, droga que o fillo de Manuel Bustelo xa distribúe pola zona. Laureano Oubiña e outros clans son partidarios, mais Terito oponse. Máis tarde, nunha viaxe a Panamá para blanquear cartos, Sito Miñanco contacta con traficantes de cocaína para desembarcala en Galicia. Deste xeito, pasará ao negocio do narcotráfico na costa galega, onde os que se encargan do tráfico na zona, contactarán cos líderes dos cárteles colombianos. Coa expansión do negocio, o 80% da droga europea desembarcará nas praias galegas.
Pola súa parte, os fillos de Manuel Charlín van tras Cándido Silva para reclamarlle os cartos roubados. Para atrapalo contan coa axuda do garda civil Montáñez e de Pilar Charlín. Silva recibe unha malleira, pero logra escapar e entrégase ó sarxento Darío Castro para denunciar ós Charlín.
A historia conclúe coa Operación Nécora, un operativo policial sen precedentes na historia do narcotráfico, cun continxente de centenares de policías desprazados de Madrid, e a primeira das redadas contra o narcotráfico galego da década dos 90.
Personaxes e elenco Agás no caso dos líderes da organización, os nomes das personaxes na ficción difiren dos nomes das persoas nas que están inspirados. A maioría dos máis de 120 actores e actrices que os interpretan son galegos, participando, entre outros, os seguintes:Antena3.com. Descubre al elenco de Farina .
Elenco principal miniatura|Javier Rey é Sito Miñanco. miniatura|185px|Carlos Blanco dá vida a Laureano Oubiña. miniatura|185px|Tristán Ulloa é Darío Castro, sarxento da Garda Civil. Actor Personaxe Inspirado en Javier Rey Sito Miñanco el mesmo Tristán Ulloa Sarxento Darío Castro Enrique León Calviño "Enrique León con Darío Castro: Una dosis de realidad para Fariña" , Diario de Arousa, 30 de abril de 2018 . Antonio Durán "Morris" Manuel Charlín el mesmo Carlos Blanco Laureano Oubiña el mesmo Manuel Lourenzo Vicente Otero Pérez "Terito" el mesmo Xosé Antonio Touriñán Francisco "Paquito" Charlín Pomares el mesmo Isabel Naveira Pilar Charlín Xulio Abonjo Ramón "Moncho" Charlín Pomares Tamar Novas Roque Ramiro Martínez Señoráns Eva Fernández Esther Lago ela mesma Fran Lareu Oli Olegario Falcón Piñeiro Monti Castiñeiras Luis Colón "Colombo" Luís Falcón "Falconetti" Alfonso Agra Manuel Bustelo Manuel Baúlo Carlos Sante Varela Modesto Loval Marcial Dorado Miquel Fernández García Xuíz Baltasar Garzón el mesmo
Colaboradores especiais miniatura|185px|Marta Larralde é Nieves. miniatura|185px|Celso Bugallo interpreta o pai de Sito Miñanco. Actor Personaxe Inspirado en Jana Pérez Camila Reyes Odalys Rivera Celso Bugallo Pai de Sito Juan Pablo Shuk José Nelson Matta Ballesteros el mesmo Marta Larralde Nieves Rosa Pouso(primeira muller de Sito Miñanco) Nancho Novo Xuíz
Personaxes recorrentes miniatura|Mario Bolaños é Elde El Pelao. Actor Personaxe Inspirado en Mela Casal Nai de Sito Miñanco Patricia Vázquez Ana María Rosa María Carro Otero(primeira muller de Oubiña) Luísa Merelas Amalia Josefa Pomares Martínez(muller de Manuel Charlín) Cristina Iglesias Leticia Charlín Pepo Suevos Di Stéfano Manuel Durán Somoza, «Kubala» Adrián Ríos Miguel Abad "Petete" Manuel Abal Feijóo, «Patoco» Chechu Salgado Javi Bustelo Daniel Baúlo Mariana Carballal Muller de Terito Antonio Mourelos Xuíz Beigbeder José Luis Seoane Spiegelberg Jesús Noguero Fiscal Javier Zaragoza Aguado el mesmo Tito Asorey Avogado Pedro Ventura Pablo Vioque Milo Taboada José Luis Montáñez (Garda Civil) José Luis Orbáiz Picos Machi Salgado Figueroa (Garda Civil) Ricardo de Barreiro Montilla (Garda Civil) Miguel Borines Axente da GC de Tráfico Javier Varela Aldán Iván Marcos Braulio Montes María Vázquez Maruxa (muller de Braulio) Christian Escuredo Tati Nacho Castaño Ricardo Portabales el mesmo Alberte Montes Manuel Fernández Padín el mesmo Xosé Manuel Esperante Cándido Silva Celestino Suances Susana Dans Nai de Silva Miro Magariños Nino Balbín (alcalde de Ribadumia) Nené Barral Evaristo Calvo Ministro Miguel Boyer Ernesto Chao Presidente da Xunta de Galicia Xerardo Fernández Albor Harlys Becerra Jorge Luis Ochoa el mesmo Mario Bolaños Elde El Pelao Jason Trigueros Gilberto Rodríguez Orejuela el mesmo Iolanda Muíños Carmen Avendaño ela mesma Xoel Fernández Xulio Braña Mara Sánchez Couto Fina Víctor Mosqueira Director de banco Salvador del Río Cabo da Mariña Brais Yanek Chino Suso Pando Aurelio Marcos Viéitez Cura de Cambados Cristina Fuentes Directora de residencia Antón Coucheiro Bébedo
Episodios N.º(serie) N.º(temp.) Título Director(es) Guionista(s) Data de estrea Audiencia"O éxito de 'Fariña', desacougo polo regreso do pasado incómodo de Galicia", artigo de David Lombao en Praza Pública, 13 de maio de 2018.
Produción dereita|miniatura|Recreación das nais de Érguete berrando contra os acusados no xuízo da operación Nécora. Rodouse entre maio e novembro de 2017 en exteriores e localizacións reais na ría de Muros e Noia (en moitas secuencias vese moi ben o monte Louro), na vila de Noia (igrexa de San Martiño, Liceo de Noia), no Porto do Son (igrexa e cemiterio de San Vicente de Noal, praia das Furnas e outras), Abruñeiras (estaleiro), Outes, Santiago de Compostela (pazo de Raxoi), Pontevedra (Casa Consistorial, IES Valle Inclán), A Illa de Arousa, Vilanova de Arousa, O Porto de Meloxo, Illa da Toxa (Casino A Toxa) e Madrid (escenas da Hacienda Panamá e do cárcere da Parda). Un dos atractivos da serie son as persecucións gravadas de noite. O primeiro capítulo comeza en 1981 e o último remata coa operación Nécora. Banda sonora miniatura|Iván Ferreiro, intérprete da canción de apertura. Con música orixinal de Federico Jusid, compoñen a banda sonora, entre outros temas, os seguintes: Canción de apertura: "O que teño que facer para non ter que ir ó mar", de Iván Ferreiro. "Non che teño medo" de Heredeiros da Crus, incluído no disco Jard rock con fe (2013). "Algún día caeré" de Los Cafres, incluído no disco S.F. 13 Tractor Cerebral (1988). "No volveré" de Kokoshca, incluído no disco Hay una luz (2013). "Galicia caníbal" do grupo Os Resentidos, incluído no disco Fai un sol de carallo (1986). "Desorden en la ría" do grupo Korosi Dansas, incluído no disco Cordura (1995). "Miña terra galega" do grupo Siniestro Total, incluído no disco Menos mal que nos queda Portugal (1984). "Mi consentido" do grupo Kokoshca, incluído no disco Algo real (2016) "Galicia, sitio distinto" do grupo Os Resentidos, incluído no disco Fai un sol de carallo (1986). "Ciudades y cicatrices", do grupo Mujeres, incluído no disco Un sentimiento importante (2017). "En Verano, Ornitofilia", do grupo Carolina Durante, incluído no disco Necromántico (2017). "España se droga", do grupo Siniestro Total, incluído no disco Policlínico miserable (1995). "Siempre eterno", do grupo Mujeres, incluído no disco Un sentimiento importante (2017). "Un atasco", do grupo La Plata, incluído no disco Un atasco (2017). "Marte", do grupo Tigres Leones, incluído no disco La Catastrofía (2015). "No sé ligar", do grupo Aerolíneas Federales, incluído no disco Aerolíneas Federales (1986). "No mires atrás", do grupo Kokoshca, incluído no disco Algo real (2016). "El año de la victoria", do grupo Tigres Leones, incluído no disco El año de la victoria (2017). "Ainhoa", do grupo Juventud Juché, incluído no disco Juventud Juché (2012). "Non chas quero", do grupo Os Diplomáticos de Monte-Alto, incluído no disco Arroutada Pangalaica (1991). "Me voy", do grupo La Plata, incluído no disco Desorden (2018). "De hoy no pasa", do grupo Siniestro Total, incluído no disco De hoy no pasa (1987). "La noche criminal", do grupo Sierra, incluído no disco A ninguna parte (2017). "Amiga extraña", do grupo Sierra, incluído no disco A ninguna parte (2017). "Muiñeira de Chantada", do grupo Son Lalín, incluído no disco Muiñeira de Chantada (1978).
Estrea e reaccións Estaba previsto que se estrease en abril de 2018, mais Antena 3 adiantou a estrea debido ao secuestro cautelar do libro ordenado por parte da xuíz de Collado Villalba Alejandra Fontana logo da denuncia do exalcalde do Grove Alfredo Bea Gondar. Amais, Sito Miñanco, a persoa na que se basea a personaxe protagonista, fora detido en Alxeciras o 5 de febreiro, tres semanas antes, nunha operación contra o narcotráfico. Co primeiro capítulo acadou un 21,5% de audiencia, con 3,4 millóns de espectadores.
Tras a estrea, Laureano Oubiña ameazou con accións legais contra a produtora por unha das escenas iniciais, na que o personaxe baseado nel, interpretado por Carlos Blanco, ten sexo co personaxe que representa a Esther Lago, a que era a súa muller. O día 19 de abril de 2018 quedaron citadas a produtora da serie e Oubiña para un acto de conciliación. Oubiña esixiu que se emitise unha rectificación pública pola escena que entendeu atenta contra o seu honor e intimidade.
O crítico César Lorenzo Gil louvou a adaptación da serie comparándoa con Narcos, e indicou que había un bo tratamento do uso da lingua galega. A asesoría lingüística da serie estivo a cargo de Rosa Moledo."Púxose máis esforzo en coidar a lingua de ‘Fariña’ do que se ve en moitos produtos actuais da TVG", entrevista de María Yáñez a Rosa Moledo en Praza Pública, 2 de abril de 2018. Pola súa banda o xuíz José Antonio Vázquez Taín valorou a serie nunha entrevista no xornal El Progreso afirmando: "Fariña quédase moi curta. É coma se fas unha serie da mafia e pos os personaxes a roubar nun supermercado".
Premios Nos Premios Ondas de 2018 gañou o galardón á mellor serie española.
Nos XX Premios Iris (2018) déronlle o "Premio á mellor ficción"; o "Premio ao mellor actor" a Javier Rey; o "Premio ao mellor guión" a Ramón Campos, Teresa Fernández-Valdés, Gema R. Neira, Cristóbal Garrido, Diego Sotelo e David Moreno e o "Premio á mellor dirección de ficción Antonio Mercero" e o "Premio Iris do xurado" a Carlos Sedes e Jorge Torregrossa."XX Premios Iris: “Sigamos fortaleciendo con unidad esta Academia…" 24/10/2018 .
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Fariña (libro) Matalobos (serie de televisión) Narcos (serie de televisión)
Ligazóns externas Sitio web oficial de Fariña
Categoría:Series de televisión de Antena 3 Categoría:Series de televisión de Galicia