dereita|miniatura|Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco García, 2022. Carmen Blanco García, nada en Lugo o 12 de maio de 1954, é unha escritora e feminista galega autora de poesía, narrativa e ensaio, e profesora da Universidade de Santiago de Compostela.

Participou dende os anos setenta no movemento de liberación das mulleres, e, como ensaísta, centrouse especialmente nas interrelacións de poder, muller, sexo, lugar, memoria, cultura, arte e literatura, temática na que afondou nun camiño libertario na súa obra ensaística e literaria. Centrouse tamén en literatura e cultura galegas, tendo colaborado, asemade, en numerosos libros colectivos, actas de congresos, revistas especializadas e xornais.

Traxectoria Traxectoria vital A comezos dos setenta participou no movemento feminista galego a través de organizacións como a Asociación Galega da Muller (AGM) ou Feministas Independentes Galegas. Tamén colaborou coa revista Festa da Palabra Silenciada e con A Saia. No ano 2000, fixo a letra do himno galego da Marcha Mundial das Mulleres, "Marchando máis alá". Dedicou boa parte do seu activismo ao feminismo e ao estudo das relacións entre a literatura e a muller, do que son mostra os libros Literatura galega da muller (1989), Nais, damas, prostitutas e feirantas (1995), O contradiscurso das mulleres (1995), Mulleres e independencia (1995), Sexo e lugar (2006), Feministas e libertarias (2010) ou Letras lilas (2019). miniatura|Esta placa co texto "Amo, mais non teño amo", de Carmen Blanco, foi instalada nun monólito o 25/11//2008 en memoria das vítimas da violencia de xénero, na praza de Emilia Pardo Bazán do Carballiño.

Foi profesora agregada de Lingua e Literatura Española, con primeiro destino en Santiago de Compostela e segundo en Chantada, e de Lingua e Literatura Galega de ensino medio, con destino en Lugo, así como titular destas últimas disciplinas na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo e na Facultade de Humanidades de Lugo. En 1994 leu na Universidade de Santiago de Compostela a súa tese de doutoramento Imaxes de mulleres na literatura galega contemporánea á luz dos discursos feministas, dirixida por Anxo Tarrío. Exerce como profesora titular de Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela no Campus de Lugo.

É autora dunha morea de obras ensaísticas do seu campo profesional de coñecemento, a filoloxía e a literatura galegas, con libros referidos a moitas das grandes figuras como Ricardo Carvalho Calero, Luz Pozo Garza, Uxío Novoneyra ou María Mariño. Colaborou en gran cantidade de libros colectivos, actas de congresos, revistas especializadas e xornais.

Dende 1974 comparte vida e parte da súa actividade profesional e civil con Claudio Rodríguez Fer, con quen ten unha filla. Con el fundou no 2005 a Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo, onde exerceu de secretaria. Formou parte do Consello da Memoria, recibiu o Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda (2014) e é autora, con Rodríguez Fer, da exposición “Vermellas” (2009) e do libro Vivas en nós (2011), en homenaxe ás mulleres represaliadas polo levantamento militar de 1936.

Traxectoria artística Coordina, co poeta Claudio Rodríguez Fer, a publicación intercultural e libertaria Unión Libre, Cadernos de vida e culturas,Unión libre. Cadernos de vida e culturas dende 1996.

A súa obra poética consta dos poemarios Estraña estranxeira (BVG, 2004), Un mundo de mulleres (Biblos, 2011) e Lobo amor (Unión Libre, 2011).

A súa obra narrativa está conformada por Vermella con lobos (Xerais, 2004) e Atracción total (Xerais, 2008).

Cultivou a creación plástica deseñando e ilustrando os poemarios Tigres de ternura (Reprografía 1846, 1981, 1982) -Premio da Crítica Española en 1982-, Historia da lúa (Galaxia, 1984), Vulva (Libros da cebra, 1990) e A muller núa (Compostela, 1992) de Claudio Rodríguez Fer, ao igual que o Manifesto por un movemento vital (1990) deste mesmo autor, e foi tamén a creadora do logotipo de Unión Libre.

A súa heterónima Emma Luaces, que leva o nome en homenaxe á anarquista rusa Emma Goldman e á xenealoxía materna da autora, publicou versións de Safo en Do amor e da literatura (Linteo, 2007) e poemas da serie “Lobo azul” (Unión Libre, 2005).

Obra en galego Ensaio Carballo Calero: política e cultura (1991). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-519-3 Literatura galega da muller (1991). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-560-6 Escritoras galegas (1992). Biblioteca 114, Editorial Compostela. ISBN 84-85553-98-5 Libros de mulleres. (Por unha bibliografía de escritoras en lingua galega: 1863-1992) (Vigo: Edicións do Cumio, 1994). ISBN 84-87126-86-3. 141 páxs. O contradiscurso das mulleres. Historia do proceso feminista (1995).Versión en castelán como El contradiscurso de las mujeres (Nigra, 1997) ISBN 84-87709-53-2. Traducida por Olga Novo. Vigo: Nigra. ISBN 84-87709-36-2. 287 páxs. Traducida ao castelán por Olga Novo: El contradiscurso de las mujeres. Historia del proceso feminista (1997). Vigo: Nigra. 320 páxs. Mulleres e independencia (1995). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-754-4. 313 páxs. Nais, damas, prostitutas e feirantas (1995). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-910-5. 294 páxs. Luz Pozo Garza: A ave do norte (2002). Ourense: Linteo. ISBN 84-931893-9-1.165 páxs. Alba de mulleres (2003). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-8302-970-7. Ilustracións de Sara Lamas. 62 páxs. Sexo e lugar (2006). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-9782-398-2. 398 páxs.. Casas Anarquistas de Mulleres Libertarias (A resistencia anarquista das mulleres despois do levantamento fascista de 1936 (2007). A Coruña-Compostela: CNT. 23 páxs. María Mariño. Vida e obra (2007). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9782-537-5. 157 páxs. Uxío Novoneyra (2009). Vigo: A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-420-0. 102 páxs. Reeditado polo Concello de Pontevedra: A lingua latexa (2010), 102 páxs. Feministas e libertarias (2010). Santiago: Meubook. ISBN 978-84-15141-06-8. 192 páxs. Novoneyra: un cantor do Courel a Compostela. O poeta nos lugares dos seus libros (2010). Noia: Toxosoutos. ISBN 978-84-92792-39-9. 196 páxs. Letras lilas. Unión libre, Ccadernos de vida e culturas (2019). Unión Libre. 247 páxs.

Narrativa Vermella con lobos (2004). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9782-180-3. 95 páxs. Atracción total (2008). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9782-759-1. 206 páxs.

Poesía Estraña estranxeira (2004). Biblioteca Virtual Galega, Universidade da Coruña. Un mundo de mulleres (2011). Mandaio: Biblos Clube de Lectores. ISBN 978-84-15086-11-6. 95 páxs. Lobo amor (2011). Unión Libre, Cadernos de vida e Cultura. 241 páxs. Na alba atlántica / In the Atlantic Dawn (2016). Lugo: Libros da Cebra. 22 páxs. Tradución ao inglés de Kathleen March.

Conversas Conversas con Carballo Calero (1989). Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-654-X. Edición ampliada en 2020.

Traducións Do amor e da literatura (2007). Ourense: Linteo. "Dos hortos de Afrodita en Lesbos. Paráfrases de Safo", de Enma Luaces, en Do amor e da literatura (2007). Ourense: Ediciones Linteo.

Edicións Códice Calixtino, de Luz Pozo Garza (1991). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. Umha voz na Galiza, de Ricardo Carvalho Calero (1992). Santiago: Sotelo Blanco. Reedición en 2020 con Pilar García Negro, Universidade da Coruña. A casamenteira, de Antonio Benito Fandiño (2000). Ourense Ediciones Linteo. Con Xosé Ramón Barreiro e Laura Tato Fontaíña. Antoloxía poética, de Uxío Novoneyra (1997). Vigo: A Nosa Terra/AS-PG. Historias fidelísimas, de Luz Pozo Garza (2003). Santiago: PEN Clube de Galicia. Memoria solar, Obra poética, de Luz Pozo Garza (2004). Ourense: Linteo. María Mariño Carou. Día das Letras Galegas 2007 (2007). Universidade de Santiago de Compostela. Xosé María Díaz Castro. Día das Letras Galegas 2014 (2014). Universidade de Santiago de Compostela. Manuel María. Día das Letras Galegas 2016 (2016). Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC. ISBN 9788416533626

Obras colectivas Na boca do lobo. Carapuchiña Vermella vista por... (Editorial Tris Tram, 1998). Día das Letras Galegas 2007. María Mariño Carou (USC, 2007). Editora e autora. Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012) (2012). Rosalía na cobiza do lonxe (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2013). Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo (Academia Real Isaac Díaz Pardo, 2013). 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). De Cantares Hoxe. Os Cantares gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega). Abadessa, oí dizer. Relatos eróticos de escritoras da Galiza (2017, Através Editora).

Con Claudio Rodríguez Fer Tigres de ternura (1981, 1982). Deseñadora. Reprografía 1846. Con pólvora e magnolias, de Xosé Luís Méndez Ferrín (1989). Vigo: Xerais. Coeditora. 9ª edición revisada en 2019 en Xerais. Os eidos, de Uxío Novoneyra (1990). Vigo: Xerais. Coeditora. ISBN 978-84-7507-455-9 Vermellas. Chamábanlles "rojas" (2009). Universidade de Santiago de Compostela. 60 páxs. Vivas en nós. Mulleres represaliadas polo franquismo na Coruña a raíz de 1936 (2011). Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. 36 páxs. Correspondencia con Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer., de Isaac Díaz Pardo (2020). Sada: A.C. Irmáns Suárez Picallo. Arte epistolar. Envíos, poemas e debuxos para Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer de Luz Pozo Garza con Claudio Rodríguez Fer (2020). Lugo: Unión Libre, Cadernos de vida e culturas. Nós. Galicia mártir. Milicianos. Atila en Galicia, de Castelao (2022). Madrid: Akal.

Obra en castelán Traducións Extranjera en su patria. Cuatro poetas gallegos. Rosalía de Castro, Manuel Antonio, Luís Pimentel, Luz Pozo Garza (2005). Círculo de Lectores / Galaxia Gutenberg, edición bilingüe galego-castelán. Scorpio, de Ricardo Carvalho Calero (2022). Madrid: Editorial Cielo Eléctrico. 345 páxs.

Edicións

La mujer del porvenir. La mujer de su casa, de Concepción Arenal. Ateneo de Santiago - Universidade de Santiago de Compostela. Edición facsimilar bicentenario 1820-2020.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

(1990). Diccionario de escritores en lingua galega. p. 52. Ediciós do Castro.

"Carmen Blanco (monográfico)" (2024). Evohé Revista Cultural desde 1996, nº 35. Outros artigos Unión Libre Claudio Rodríguez Fer Ligazóns externas Carmen Blanco na Biblioteca Virtual Galega. Requeixo, Armando, «Parlamento das Letras: Carmen Blanco», "Criticalia", 8-2-2012 Nº 35, monográfico sobre Carmen Blanco de Evohé: Revista Cultural do Campus Terra-Lugo, 2024

Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados en Lugo Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Feministas de Galicia Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Anarcofeministas Categoría:Ilustradores de Galicia