O milagre de Anna Sullivan (en ) é un filme estadounidense de 1962 sobre Anne Sullivan, titora de Helen Keller, dirixido por Arthur Penn. O guión de William Gibson está baseado na súa obra de 1959, orixinada pola emisión en 1957 da serie de televisión Playhouse 90. A fonte orixinaria de Gibson foi The Story of My Life, autobiografía de Helen Keller de 1902.

O filme converteuse nun éxito de crítica cun moderado éxito comercial. Foi candidato a cinco premios Oscar, incluíndo o de mellor director e gañou dous, mellor actriz para Anne Bancroft e mellor actriz secundaria para Patty Duke.

Foi emitido na TVG o 17 de abril de 1992.Programación

Argumento A moza Helen Keller (Patty Duke), cega e xorda dende a nenez debido a un caso grave de febre escarlata, está frustrada pola súa incapacidade de comunicarse e como consecuencia ten frecuentes arrebatos violentos e incontrolables. Incapaz de tratar con ela, os seus proxenitores, aterrados e sen axuda, contactan coa Perkins School for the Blind como asistencia. A institución envía a Anne Sullivan (Anne Bancroft), antiga estudante, para que acuda ao fogar dos Keller e sexa a súa titora. O que sucede é unha batalla de vontades cando Anne rompe os muros de silencio e escuridade de Helen mediante perseveranza, amor e pura tenacidade. No medio da batalla, Anne ensina a Helen a conectar con ela.

Elenco Anne Bancroft como Anne Sullivan Patty Duke como Helen Keller Victor Jory como Captain Arthur Keller Inga Swenson como Kate Keller Andrew Prine como James Keller Kathleen Comegys como Aunt Ev Beah Richards como Viney (sen acreditar) Jack Hollander como Mr. Anagnos (sen acreditar) Michael Darden como Percy (sen acreditar) Dale Ellen Bethea como Martha (sen acreditar) John Bliss como Admissions Officer (sen acreditar) Judith Lowry como 1st Crone (sen acreditar) William F. Haddock como 2nd Crone (sen acreditar) Helen Ludlam como 3rd Crone (sen acreditar)

Notas

Categoría:Filmes de 1962 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dirixidos por Arthur Penn Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes sobre discapacidades Categoría:Filmes sobre educación Categoría:Filmes biográficos Categoría:Filmes sobre educadores Categoría:Filmes baseados en obras de escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados nos Estados Unidos de América Categoría:Filmes en branco e negro Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes de 1962 con versión en galego