Suzanne Rachel Flore Lenglen, nada en París o 24 de maio de 1899 e finada na mesma cidade o 4 de xullo de 1938, foi unha tenista francesa, campioa olímpica, que obtivo 31 títulos de Grand Slam, doce deles individuais. Foi a primeira muller en converterse en tenista profesional. Dominou o tenis feminino entre 1919 e 1926. Alcumada "a divina" pola prensa francesa,Los 100 protagonistas del siglo XX. VVAA. El País S.A. 1992. ISBN 84-86459-41-9 está considerada a primeira gran diva e campioa do tenis feminino, deporte en que rompeu barreiras cun xogo apaixonado. Negociou co deseñador Jean Patou a confección da súa roupa deportiva e en 1921 revolucionou o vestiario do tenis xogando cos brazos descubertos e con saias un pouco por debaixo dos xeonllos.

Traxectoria Aos 14 anos xogou a súa primeira final dun grande aberto de tenis. Perdeu a final en 1914 mais meses despois converteuse na tenista máis nova en gañar un grande aberto ao conquistar o Campionato Mundial de Pista Dura, marca aínda vixente. Gañou seis torneos de Wimbledon entre 1919 e 1925 e seis Roland Garros entre 1920 e 1926. Foi ademais autora de varios libros sobre tenis.

En xuño de 1938 foi diagnosticada con leucemia e só tres semanas despois quedou cega. A principios de xullo, a prensa francesa anunciou que Lenglen estaba extremadamente fatigada e faleceu poucos días despois de anemia perniciosa. Foi enterrada no Cimetière de Saint-Ouen en Saint-Ouen, nas proximidades de París.

Palmarés Durante a súa carreira, Lenglen gañou 81 títulos individuais, sete dos cales os conseguiu sen perder ningún xogo, 73 títulos en dobres e 8 títulos en dobres mixtos. Mantense como a única xogadora en gañar os títulos de Wimbledon en individuais, dobres e dobres mixtos no mesmo ano (1920, 1922 e 1925).

O número total de Grand Slam gañados é de 31, aínda que os títulos obtidos no Campionato de Francia non se contabilizan sempre porque o torneo non estivo aberto a todos os xogadores ata 1925. De aí que algunhas fontes acrediten só 21 títulos.

Títulos individuais de Grand Slam AnoTorneoOpoñente na finalMarcador1914 World Hard Court Championships 20px|Bandeira de Francia Germaine Golding 6-3, 6-2 1919 Wimbledon 20px Dorothea Douglass 10-8, 4-6, 9-7 1920 Wimbledon <small>(2) 20px Dorothea Douglass 6-3, 6-0 1921 World Hard Court Championships <small>(2) 20px Molla Bjurstedt Mallory 6-2, 6-3 1921 Wimbledon <small>(3) 20px Elizabeth Ryan 6-2, 6-0 1922 World Hard Court Championships <small>(3) 20px Elizabeth Ryan 6-3, 6-2 1922 Wimbledon <small>(4) 20px Molla Bjurstedt Mallory 6-2, 6-0 1923 World Hard Court Championships <small>(4) 20px Kathleen McKane Godfree 6-2, 6-3 1923 Wimbledon <small>(5) 20px Kathleen McKane Godfree 6-2, 6-2 1925 Roland Garros <small>(5) 20px Kathleen McKane Godfree 6-1, 6-2 1925 Wimbledon <small>(6) 20px Joan Fry Lakeman 6-2, 6-0 1926 Roland Garros <small>(6) 20px Mary Browne 6-1, 6-0

Torneo 1914 1915 1916 1917 1918 1919 1920 1921 1922 1923 1924 1925 1926 GJ total Australia NC NC NC NC NC NC NC NCAAAAA 0 / 0 Roland Garros1 C NC NC NC NC NC1R C C C NC C C 6 / 7 WimbledonA NC NC NC NC C C C C C SF C3R 6 / 8 Estados UnidosAAAAAAA2RAAAAA 0 / 1 GX por ano1 / 10 / 00 / 00 / 00 / 01 / 11 / 22 / 32 / 22 / 20 / 12 / 21 / 2 12 / 16

C = Campioa. SF = Semifinal. 3R = 3.ª rolda. 2R = 2.ª rolda. 1R = 1.ª rolda NC = non celebrado. A = Ausente, non participou. GX = Torneos gañados / Torneos xogados

Recoñecementos póstumos En 1997 a segunda pista do estadio Roland Garros, onde se xoga o Aberto de Francia, pasou a denominarse "Pista Suzanne Lenglen" na súa honra. Catro anos despois, a Federación Francesa de Tenis organizou a primeira Copa Suzanne Lenglen para mulleres de máis de 35 anos. Se ben primeiro se levou a cabo en Francia, este evento dispútase nun país diferente cada ano. Lenglen foi incluída no Salón da Fama do Tenis Internacional en 1978. O 24 de maio de 2016 Google dedicoulle un doodle o día en que cumpriría 117 anos argumentando que "ela rompeu barreiras a través do seu xogo apaixonado, vestimenta pouco tradicional e a súa postura en contra das formalidades do deporte. Coa influencia de Lenglen o tenis feminino obtivo a atención que merecía e converteuse nun deporte non só para algúns, senón para todos".

Notas

Véxase tamén

Bibliografía La Méthode d'initiation au tennis de Suzanne Lenglen por Jean Tillier, Féderation française de lawn tennis. Gallimard 1942

Categoría:Tenistas olímpicos de Francia Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Finados por leucemia Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 1920 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1920 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Francia Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Francia Categoría:Medallistas olímpicos en tenis Categoría:Campións do Campionato de Wimbledon Categoría:Campións do Roland Garros