miniatura|Porta da casa onde viviron as irmás Touza. As irmás Touza foron tres mulleres de Ribadavia que na década de 1940 colaboraron nunha rede de apoio para axudar os fuxidos do nazismo cruzando a fronteira de Portugal.

Historia dereita|miniatura|Estación de ferrocarril de Ribadavia. Lola, finada o 26 de xuño de 1966, Amparo, finada o 6 de febreiro de 1981 e Xulia, finada o 6 de xuño de 1983 rexentaban o quiosco da estación de Ribadavia, e vivían no nº 2 da rúa do xuíz Viñas. Ao chegaren os fuxidos á estación de ferrocarril xa viñan co seu contacto, elas agachábanos na súa casa e costeábanlles o paso da fronteira a Portugal. A rede de fuxida estaba organizada polo cónsul portugués Aristides de Sousa Mendes.

Legado

O escritor Emilio Ruiz Barrachina publicou en 2016 a novela Estación Libertad, e estaba prevista a realización dunha adaptación cinematográfica no 2018.

Memoria do silencio de Eva Mejuto recolle a súa historia.

Nelas están inspirados algúns dos personaxes da película Lobos sucios.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Galicia na segunda guerra mundial

Categoría:Ribadavia Categoría:Activistas de Galicia Categoría:Segunda guerra mundial