As irmás Mirabal foron tres opositoras ao réxime de Rafael Leónidas Trujillo que foron asasinadas por el. A data do seu asasinato, o 25 de novembro de 1960, tomouna a ONU para a instauración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.
Traxectoria Patria, Minerva e María Teresa, nadas nos anos 1924, 1926 e 1935 na República Dominicana e finadas o 25 de novembro de 1960, son tamén coñecidas polo nome de Las Mariposas por ser este o nome en clave que adoptaron.
A familia Mirabal era unha familia podente. Minerva, aos quince anos, decide continuar os estudos e estuda Dereito na universidade. Na universidade entra en contacto con Pericles Franco, mais o que decanta máis o seu compromiso político é o acoso ao que se ve sometida por parte de Rafael Leónidas Trujillo. Patria e María Teresa apoian a Minerva e as tres convértense en opositoras ao réxime ditatorial.
En 1957, Minerva foi na primeira muller doutorada en Dereito na República Dominicana, mais non lle deixaron exercer a súa profesión.
As tres entraron a formar parte do Movimiento Revolucionario 14 de Junio e adoptan o nome en clave Las Mariposas. Foron encarceradas e torturadas. Pasaron 5 anos en prisión e foron liberadas pola presión internacional mentres os seus maridos permaneceron en prisión. Nunha viaxe para os visitar, foron asasinadas.Bagieu (2017), pp. 33-37
Recoñecementos A rexión natal das irmás Mirabal recibe o seu nome.
Os billetes de 200 pesos da República Dominicana levan a súa imaxe.
O Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller toma como referencia a data do seu asasinato.
Notas
Véxase tamén
Biografía
Categoría:Personalidades da República Dominicana