Antonio Arias Prada, coñecido como Clavel, nado en Vilamartín de Valdeorras en 1895 e finado en Ourense 7 de novembro de 1940, foi un político e guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Militante do Partido Galeguista, foi presidente do PG de Vilamartín de Valdeorras. Foi tenente alcalde do concello de Vilamartín de Valdeorras. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia ao golpe e logo fuxiu a Asturias. Combateu no Batallón Galicia do Exército do Norte acadando a graduación de tenente. Coa caída de Asturias retornou a Valdeorras e organizou un grupo guerrilleiro de sete ou oito membros, o grupo do Corgomo, que operou nas Terras de Valdeorras dende finais de 1937 até finais de 1939. Detido, foi xulgado por rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi fusilado en Ourense o 7 de novembro de 1940 con Elías López Delgado.La Región, 8-11-1940, p. 2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Nacionalismo e guerrilla: Un capítulo da loita antifranquista na Galiza Ligazóns externas Nacionalismo a man armada

Categoría:Políticos do Partido Galeguista Categoría:Concelleiros de Vilamartín de Valdeorras Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vilamartín de Valdeorras Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1940 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos