Pilar D’Ocon Navaza, nada en Betanzos o 1 de febreiro de 1957, é unha catedrática galega de farmacoloxía da Universidade de Valencia.

Traxectoria É doutora en Farmacia pola Universidade de Valencia, catedrática de farmacoloxía e directora do mestrado “Investigación e Uso Racional do Medicamento” (2006-presente) integrado no programa de doutoramento de biomedicina e farmacia con mención de calidade.

Foi secretaria (1987-1988) e vicedecana (1988-1990) da Facultade de Farmacia da Universidade de Valencia, membro da Comisión de Investigación (1986-1991, 2001-2003) e da Comisión Técnica de elaboración dos novos Plans de Estudos da mesma universidade (1991-1993). Tamén formou parte de diversas comisións do Departamento de Farmacoloxía e pertence á Xunta de Centro desta facultade.

Vida persoal É irmá do farmacéutico Joaquín Javier, da bioquímica María del Carmen e da directora da Fundación Bancaria Caja de Ahorros de Asturias María Inmaculada d'Ocón Navaza.

Obra

Notas

Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Catedráticos da Universidade de Valencia Categoría:Farmacéuticos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Valencia